//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en rolda de prensa que a Xunta facilitará, a partir do martes, financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar o adianto da bonificación dos 20 céntimos por litro decretada polo Goberno central. Para tal fin, puntualizou, aprobarase un programa dirixido a pemes e autónomos para obter financiamento, especialmente centrado naqueles sectores máis afectados pola invasión rusa, como é o caso das gasolineiras.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a Xunta solicitou ao Goberno central que se aplique ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) o mesmo modelo de coxestión das Pensións non Contributivas. Hoxe respondeu a unha interpelación sobre esta cuestión no Parlamento de Galicia onde concretou que o Goberno galego xa mantivo unha primeira reunión con técnicos do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones para avanzar na transferencia de competencias. Fabiola García lembrou que Galicia reclamou desde a creación do Ingreso Mínimo Vital a súa xestión para evitar duplicidades e incompatibilidades desta prestación con outras axudas autonómicas e para axilizar a súa tramitación.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios no que o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, informou das medidas de apoio aprobadas polo Goberno central destinadas aos sectores agrario e pesqueiro no marco do Plan nacional de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína. Nel a titular de Mar defendeu que as axudas habilitadas en España son insuficientes para paliar as dificultades polas que está a atravesar o complexo mar-industria de Galicia e lamentou a tardanza do Executivo do Estado en adoptar unhas decisións que noutros países da Unión Europea foron tomadas de xeito inmediato.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, en rolda de prensa, que 66.400 fogares galegos comezarán a percibir ao longo do mes de abril o importe que lles corresponde do bono social térmico e o complemento extraordinario de 100 que vén de activarse. Dáse así cumprimento, explicou, ao compromiso adquirido no plan de choque para mitigar a suba de prezos de axilizar esta axuda e ampliala. Nese sentido, avanzou que as contías oscilarán entre os 228 e os 473 en función de se a familia é considerada vulnerable ou moi vulnerable e da zona climática de Galicia onde se resida. E, a maiores, sinalou que os beneficiarios non terán que facer ningún trámite, xa que recibirán o ingreso na súa conta bancaria de forma automática.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o reforzo do Plan de Choque da Xunta co compromiso de axudas directas para os sectores agropecuarios máis afectados pola alza descontrolada dos prezos derivada da invasión rusa de Ucraína, no caso de Galicia especialmente o sector do vacún de carne e de leite. Tamén se reforzou este plan coa ampliación do Programa Renove Automoción. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo instou ao Estado a deseñar conxuntamente coas comunidades un paquete de axudas directas destinadas ao conxunto do sector gandeiro español, tendo en conta a súa importancia económica, social e medioambiental en Galicia.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron esta mañá na reunión do Comité Técnico para coordinar a xestión humanitaria fronte á crise de Ucraína (COTEGA) presidida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para avanzar na coordinación da axuda. Ao encontro tamén asistiron o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, así como representantes de AENA, Renfe, Adif, entidades sociais e ONGD e forzas e corpos de seguridade.
Representantes da Xunta de Galicia e do Goberno central, dos concellos galegos e de entidades sociais e ONGD, reuníronse no Comité Galego ante a crise de Ucraína para coordinar e axilizar a axuda aos refuxiados que chegan a Galicia pola crise humanitaria. Participaron o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; ademais do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e membros de entidades sociais e de ONG.
A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as Administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína. Así se acordou hoxe nunha reunión entre o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para abordar a crise humanitaria. Na reunión, a Xunta propuxo a creación dun plan nacional de recepción e acollida de persoas desprazadas procedentes de Ucraína que defina con claridade os protocolos que rexerán a súa chegada e articule e ordene os esforzos despregados polas distintas Administracións e entidades.
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o apoio inequívoco ao Goberno na posición exterior de España dentro da UE e da OTAN e reclamou unha baixada concreta dos impostos que gravan o prezo da luz, o gas e os hidrocarburos. Durante a súa participación na XXVI Conferencia de Presidentes Autonómicos, Feijóo fixo fincapé nun primeiro termo na importancia de dar unha resposta coordinada á crise humanitaria, provocada pola guerra en Ucraína. E, sobre este punto, demandou a concreción dun Plan nacional de acollida de refuxiados que permita darlles unha acollida digna e sostible no tempo.
A Xunta remitiu este mércores ao Goberno central unha ampliación da oferta galega de prazas de acollida para recibir refuxiados da guerra en Ucraína. A primeira listaxe remitida a semana pasada compleméntase, deste xeito, con máis de 400 prazas procedentes tanto de concellos galegos como das entidades sociais e de particulares. Así, a día de hoxe Galicia xa ten a disposición un total de 1400 prazas. O Goberno central, a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, é o encargado de coordinar a chegada dos refuxiados e distribuílos polas comunidades autónomas en función da dispoñibilidade de cada unha e das características das persoas que cheguen.
Ryszard Schnepf, embaixador de Polonia, transmitiulle ao mandatario autonómico galego a intención da rexión polaca de Opole de relanzar a cooperación con Galicia con motivo do décimo aniversario do Acordo de colaboración entre ambos.
O Conselleiro de Industria, Javier Guerra fixo un balance do funcionamento do plan re-Móvete e considerou esta iniciativa como un magnífico éxito do departamento que dirixe. Guerra compareceu ante os medios xunto co director do Igape, Joaquín Varela, o presidente da Federación Gallega de Talleres, Luis Abelleira, e o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia, Emilio López Nieto, que teñen considerado esta iniciativa como moi positiva para a dinamización das súas actividades económicas e comerciais.
Os populares reuniranse para festexar os éxitos electorais colleitados en autonómicas e europeas, pero tamén para reactivar o partido de cara ao novo ciclo político 2009-2010.
Para a deputada popular María Seoane é necesaria a promoción do movemento voluntario cultural galego que serva de vía de participación social e cultural e que colabore na conservación , promoción e difusión da nosa identidade cultural.
Pablo Figueroa defende, nunhas xornadas organizadas pola EGAP, unha Administración nova, moderna e eficaz que saiba responder ós retos do S. XXI dando exemplo de austeridade en tempos de crise.
O Concello de Palas de Rei acondiciona un local social no Edificio Multiusos como centro de rehabilitación e ximnasio. O local ocupará tres salas destinadas a diversas actividades e accións terapéuticas.
O voceiro popular destaca que esta nova forma de gobernar permitiu resultados frutíferos como o compromiso de prazos e datas nas infraestruturas ferroviarias galegas, o convenio de vivenda, o plan de choque e as axudas aos sectores en crise, como o da automoción e o lácteo.
A delegada territorial subliñou en Celeiro que a loita contra o furtivismo, que é un eixes fundamentais da actuación da Consellería na Mariña, empeza a dar froitos como proban os decomisos de marisco efectuados.
Preténdese a colaboración institucional entre Tarragona e Lugo para potenciar o seu común pasado romano.
Os deputados autonómicos celebraron a súa xuntanza semanal en Celanova, Ourense, na que os alcaldes e voceiros municipais populares dos dez concellos da comarca deron conta das carencias e dos proxectos necesarios para a zona.