Noticias

A Xunta e o Goberno central avanzan na coordinación da axuda a Ucraína

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron esta mañá na reunión do Comité Técnico para coordinar a xestión humanitaria fronte á crise de Ucraína (COTEGA) presidida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para avanzar na coordinación da axuda. Ao encontro tamén asistiron o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, así como representantes de AENA, Renfe, Adif, entidades sociais e ONGD e forzas e corpos de seguridade.

A Xunta solicitou de novo ao Goberno central información fluída e en tempo real sobre os refuxiados que chegan a Galicia -número dos que chegan cada día, identidade e lugar onde se aloxan- para poder prestarlle os servizos que o Goberno galego, concellos e ONGD están en disposición de ofrecer aos ucraínos que chegan á comunidade.

O Goberno galego tamén trasladou a necesidade de que o Executivo estatal aclare canto antes que recursos económicos extraordinarios ten previsto habilitar para poñer a disposición das comunidades autónomas e as entidades locais co obxectivo de ofrecer unha correcta atención aos desprazados, así como promover a súa inclusión social e facilitarlles o acceso ao emprego.
A próxima reunión de COTEGA está prevista para o mes de abril unha vez, segundo trasladou o Goberno central, se aprobe o 29 de marzo o plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína.

Pola súa parte, a Xunta está a traballar no plan de acollida aos alumnos para proceder á de escolarización inmediata dos nenos en idade escolar e xa conta cun protocolo de atención aos refuxiados para poder prestarlles a atención que precisan ademais das 432 camas hospitalarias que xa puxera a disposición das persoas desprazadas que precisen atención sanitaria.

R., 2022-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES