Notas de prensa

O PPdeG di que os primeiros cen días do Goberno de Feijóo amosaron á cidadanía as liñas mestras a seguir na lexislatura: austeridade, transparencia e eficacia

O voceiro popular destaca que esta nova forma de gobernar permitiu resultados frutíferos como o compromiso de prazos e datas nas infraestruturas ferroviarias galegas, o convenio de vivenda, o plan de choque e as axudas aos sectores en crise, como o da automoción e o lácteo.

O voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, indicou, nunca entrevista no programa “Bos Días” da TVG, que os primeiros cen días do goberno do PPdeG na Xunta de Galicia amosaron á cidadanía as liñas mestras a seguir nesta lexislatura baseadas na austeridade, dando exemplo cos gastos, a transparencia e a eficacia nas súas actuacións. Para Ruiz Rivas esta nova forma de gobernar estivo basada no diálogo coas forzas políticas nos temas vitais para Galicia, como a financiación autonómica e as infraestruturas, e mesmo a Deputación Permanente do Parlamento aprobou “por primeira vez na historia” a celebración dun pleno extraordinario para que compareza o Presidente da Xunta en período estival.

Para o voceiro popular os resultados destes primeiros días de goberno foron “os mais frutíferos da historia de Galicia” xa que se fixou o compromiso de prazos e datas para as infraestruturas ferroviarias galegas, firmouse o convenio con vivenda e se aprobou un plan de choque económico con axudas a sectores en crise, como o da automoción e o lácteo.

REFORMA ESTATUTO

Na mesma entrevista o voceiro popular celebrou que o PSOE mudara de opinión ao respecto da reforma do Estatuto “xa que na anterior lexislatura foi precisamente as súas ataduras a outro partido político o que non lles permitiu defender os intereses dos galegos que lles deron o voto”. Ruiz Rivas reiterou o compromiso do Goberno galego de presentar un texto e considerou que non tería que significar un problema as conversas encamiñadas a comezar a reforma.

Ao respecto da financiación autonómica o voceiro popular destacou as vantaxes que conseguiu o goberno do PPdeG na Xunta de Galicia “xa que dende que accedeu ao Goberno logrou incorporar 200 millóns adicionais dos que estaban previstos anteriormente dando como resultado unha cifra aproximada de 650 millóns de euros”. A pesares desto para Ruiz Rivas o sistema e inxusto para Galicia pero se conseguiu que non fora excesivamente abusivo para Galicia tendo en conta o factor da dispersión poboacional.

O voceiro popular recordou que o fallo de base na negociación do sistema de financiación foi que a prioridade para o Goberno do Estado era a estabilidade política “por eso comezou por negociar cunha Comunidade e unha vez chegado a un acordo negociou coas outras e o que ten mais vai a estar por encima da media”

PLAN ESTRATÉXICO SECTOR LÁCTEO

Manuel Ruiz Rivas referiuse tamén no transcurso da entrevista, ao sector lácteo do que destacou que “en pouco tempo se ten feito moito” por un sector que é básico para Galicia e que non só afecta á Comunidade Autónoma senón que é un problema a nivel estatal e europeo. Para o voceiro o Goberno galego estivo ao lado dos gandeiros na presión ante o Goberno central e se logrou un importante acordo de estabilidade nos prezos. Tamén anunciou que moi pronto a Xunta dará a coñecer un plan estratéxico de choque para reactivar e consolidar o sector lácteo despois de ter aprobada a medida sobre o adianto das primas, que foi copiada por outras Comunidades.

Gabinete de Comunicación do Grupo Parlamentario do PPdeG, 2009-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES