
Dado o éxito deste plan, consensuado con todo o sector, dende a Consellería de Economía e Industria acordouse ampliar a dotación do re-Móvete con 2 millóns de euros máis, un aumento que se fará efectivo de forma inminente. Cómpre recordar que o orzamento inicial do plan foi de 6 millóns de euros, unha cantidade que se ten incrementado en 3 ocasións, con 2 millóns de euros cada partida, o que supón que o compromiso económico adquirido por este departamento tense duplicado dende a entrada en vigor do plan, chegando aos 12 millóns de euros.
O conselleiro de Economía e Industria valorou a eficacia na xestión do plan que ten demostrado o Igape, onde as solicitudes se están a tramitar cunha media de espera de tres días, sendo a porcentaxe de solicitudes autorizadas do 90%. O número solicitudes ascende a 12.708, a axuda solicitada a 8.922.100 e o prezo ventas xerado polo re-Móvete supón xa uns 209.028.873,48 .
Ademais, cómpre destacar que a axuda media concedida polo plan re-Móvete é de 702 , por vehículo comprometido á venta, mentres que as achegadas do Plan E son de 500 , por vehículo xa matriculado, o que significa que o apoio da Xunta supera nun 40% ao outorgado polo estado para a compra e substitución que vehículos.
De feito, este plan tense traducido nun aumento considerable das matriculacións na nosa comunidade que nos 15 primeiros días de agosto de 2009 aumentaron nun 21,6%, con respecto ao mesmo período do ano anterior, e en concreto no caso das furgonetas incrementouse nun 18,75% a porcentaxe de matriculación neste mes, comparado con agosto de 2008.
Para concluír Guerra recordou que o gran esforzo que se está a facer dende Consellería de Economía e Industria para apoiar ao sector do automóbil, considerado como estratéxico dentro da economía galega e asegurou que a constante da xestión da súa Consellería continuará a basearse no consenso con cada un dos sectores dos que se ocupa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.