
Logo de explicar que esta medida se impulsa tras coñecer que moitas estacións de servizo, sobre todo as pequenas e independentes, están tendo moitas dificultades ao non recibir os anticipos comprometidos polo Executivo central, Feijóo explicou que se articulará a través dun convenio entre Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras no que se avalarán operacións por un máximo de 80 M a través de catro liñas de financiamento.
A primeira delas, que segundo indicou prevé chegar ata os 60M, está destinada a reavais para axudar ás pemes máis expostas á crise de prezos. Máis polo miúdo, o presidente da Xunta subliñou que para poder acceder a este financiamento deberán cumprir unha serie de requisitos como que os préstamos oscilen entre os 3.000 e os 300.000 euros, que o prezo das materias primas se incrementara un 50% en xeral ou un 20% no caso das gasolineiras en comparación con 2021, que o gasto de combustible ou enerxía superase o 25% con respecto ao ano pasado ou que teñan unha maior exposición comercial aos mercados de Rusia e Ucraína.
Ademais, subliñou, tamén poderán acollerse a unha segunda liña chamada reaval funcionamento, dirixida a créditos avalados para financiar tráfico comercial -adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamento a provedores e de comercio exterior-.
Finalmente, Feijóo lembrou que como complemento hai que ter en conta dúas liñas máis ligadas a outras actividades económicas como son os reavais para préstamos avalados a longo prazo para investimentos produtivos ou circulante estrutural por parte das pemes e reavais para garantías ante terceiros ligadas a operacións de tráfico ou avais técnicos.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.