
Ademais, L'Huillier manterá un encontro cos medios de comunicación o xoves, 1 de outubro, ás 11.30 horas, no Colexio de San Xerome.
Axenda en Santiago
Ademais de impartir algunha clase na USC, o venres 2 de outubro, ás 11.00 horas, Anne L'Huillier visitará tamén o Instituto de Materiais da Universidade de Santiago de Compostela (iMATUS). O encontro desenvolverase nun ambiente distendido, compartindo un café con ela, para coñecer a súa traxectoria. O encontro poderá seguirse tamén en liña.
Ao longo da súa carreira, Anne L'Huillier combinou un profundo coñecemento da física atómica cunha extraordinaria capacidade para desenvolver técnicas experimentais de gran precisión. O seu traballo impulsou o progreso da óptica non lineal e da ciencia do láser, disciplinas que hoxe constitúen ferramentas esenciais en numerosos laboratorios de investigación de todo o mundo. Ademais, formou varias xeracións de investigadores/as e desempeñou un papel destacado no fortalecemento da colaboración científica internacional.
A investigación de Anne L'Huillier transformou a nosa capacidade para observar os procesos máis rápidos da natureza. Os electróns, responsables das propiedades químicas e eléctricas dos átomos e as moléculas, móvense en escalas temporais da orde dos attosegundos, é dicir, unha milmillonésima dunha milmillonésima de segundo (10⁻¹⁸ s). Durante décadas estas escalas permaneceron fóra do alcance de calquera instrumento experimental. Grazas aos avances en tecnoloxía láser e ao traballo pioneiro de L'Huillier, hoxe é posible xerar pulsos de luz suficientemente breves para rexistrar ese movemento cunha resolución temporal sen precedentes.
Mostra bibliográfica
Co obxectivo de darlle visibilidade á bibliografía que a Biblioteca posúe de Anne L'Huillier, así como para dar a coñecer a súa figura entre o estudantado, a entrada da Sala de lectura de Física acolle ata o 9 de outubro a 'Mostra bibliográfica das obras de Anne LHuillier na BUSC'. A exposición alberga revistas cos seus artigos máis citados, libros nos que colaborou, entrevistas, prólogos e mesmo os seus últimos artigos publicados. Con anterioridade á chegada da Nobel, desenvolverase unha sesión inaugural o martes 29, ás 12.00 horas. Organiza a Biblioteca Intercentros de Física e Óptica e Optometría.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.