//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo unha reunión co novo presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Cunha. No encontro, ao que tamén acudiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, abordáronse os proxectos conxuntos transfronteirizos previstos no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co obxectivo de facer fronte aos desafíos tras a pandemia do coronavirus e na captación de fondos europeos para iniciativas comúns.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou á oposición unha proposta para levar ao Goberno central unha posición única de Galicia en temas como a sanidade, os fondos europeos, as infraestruturas e as competencias sobre o litoral. Tras sendas reunións mantidas coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, Rueda incidiu na importancia do diálogo entre as forzas políticas, 'é o que a cidadáns nos piden', aseverou, apelando a necesidade de que Galicia conte cunha postura de país.
Inaugurouse a terceira reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), que se celebra en Santiago de Compostela. Esta é a segunda vez que Galicia acolle unha reunión externa deste órgano comunitario, que nesta ocasión reúne a máis de 70 representantes locais e rexionais, entre os que se atopan os presidentes doutras rexións europeas como A Puglia (Italia), Kuyavia-Pomerania (Polonia) ou Bretaña (Francia).
Os próximos xoves e venres, 2 e 3 de xuño, Santiago de Compostela acollerá na Cidade da Cultura a reunión fóra de sede da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) e a conferencia sobre turismo sostible, na que se destacará o Camiño de Santiago como modelo de sustentabilidade. Na reunión da Comisión NAT o xoves 2 de xuño abordaranse asuntos relevantes para o contexto europeo, e en especial para Galicia, como a seguridade alimentaria e enerxética, tendo en conta o impacto do conflito en Ucraína sobre os mercados de alimentos e como Europa se enfronta a esta situación.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu hoxe ao Goberno central concreción e obxectividade para converter o Perte do naval nunha oportunidade para un sector 'clave para Galicia e que ten moito que achegar'. 'Así llo trasladarei ao presidente do Goberno', aseverou, incidindo en que os estaleiros galegos son competitivos, saben captar investimentos e apostan pola internacionalización. Durante a xornada de clausura de Navalia no Ifevi, Rueda reiterou o compromiso da Xunta con esta industria, reflectido no impulso da nova Estratexia Naval 2022-2026, elaborada en colaboración co sector, co fin de potenciar o seu crecemento e a súa diversificación, a través da transformación dixital, a sustentabilidade e a formación.
O Consello da Xunta aprobou hoxe o VIII Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027 cun orzamento de 935,5 millóns de euros, o maior da historia dun documento de planificación destas características, co reto de avanzar na loita contra as discriminacións e previr a violencia de xénero para conseguir unha igualdade de xénero real e efectiva en todos os ámbitos. O orzamento aumenta nun 138,8 % con respecto ao sétimo plan, así como os ámbitos de actuación, que serán un total de nove, fronte aos tres do antecesor.
A Xunta está traballando no deseño e desenvolvemento dun Protocolo de actuación conxunta para a loita contra os incendios forestais na fronteira hispano-lusa. Así o anunciou hoxe o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, na videoconferencia celebrada no marco do Seminario de proxectos estratéxicos POCTEP 2014-2020. Neste senso, Manuel Rodríguez explicou aos asistentes que os lumes non entenden de fronteiras e de aí a importancia de que haxa unha colaboración específica entre ambos países para reforzar a capacidade operativa dos medios de extinción e minimizar os danos que poidan ocasionar os incendios.
O Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa prevé un investimento de 1.885 millón de euros ata 2027, nun total de 212 medidas destinadas a afondar na mellora da calidade das augas, nun contexto marcado polo cambio climático. Así llo trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez aos integrantes do Consello Reitor de Augas de Galicia, na reunión mantida en Santiago para presentar e someter a aprobación o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta vén de activar a Estratexia Naval 2022-2026 para avanzar cara á recuperación, ao crecemento e á diversificación do sector e aproveitar o Perte aprobado polo Goberno central. 'O obxectivo é orientar os esforzos dun sector estratéxico nos vindeiros anos; promover a colaboración entre estaleiros e os distintos elos da cadea; incentivar a diversificación dos produtos e mercados, e situar Galicia no lugar que lle corresponde ante o Perte do naval aprobado, por fin, polo Goberno central', abundou Feijóo.
A Xunta de Galicia pediu ao Goberno central que estableza criterios claros e homoxéneos sobre as medidas de protección que deben aplicar as comunidades autonómicas de cara a garantir o benestar dos menores procedentes de Ucraína. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, trasladou esta solicitude durante a Comisión interautonómica de Familia e Infancia celebrada esta mañá. Á xuntanza de coordinación sobre a atención de menores deste país asistiron representantes das CCAA, así como dos ministerios de Dereitos Sociais e de Xustiza.
O secretario xeral do PPdeG manifestou no encontro dixital a través da web do partido: Queremos as catro deputacións, as alcaldías das sete cidades e subir nos demáis concellos.
O conselleiro de Presidencia inaugurou as xornadas da EGAP sobre o futuro do Estado autonómico. Reclama que non se produzan presións irresponsables sobre o Tribunal Constitucional.
Anuncia a convocatoria do comité de seguimento entre autoridades autonómicas e locais para facilitar todo aquilo que precisen os mariñeiros e os seus achegados, e para traballar co fin de que non se produzan novos apresamentos ilegais de pesqueiros no Índico.
Núñez Feijóo, presidente da Xunta, incidiu na necesidade de aproveitar esta crise para comezar unha nova etapa e converter a esta Comunidade Autónoma nunha Cidade Única, unha Galicia global. A conferencia abriu os ciclos Aula Aberta e Xoves Culturais da Fundación La Rosaleda.
Os populares galegos traballan por reforzar unha iniciativa que reflicte o interese do partido por facer política para as persoas e reafirma o seu compromiso e interese de gobernar para todos.
A Sociedade Pública de Investimentos tamén ten comprometido orzamento en 2010 para a construcción de novos parques de bombeiros e da sede da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destaca que Galicia é das primeiras comunidades que ten amosado de maneira explícita o seu interese neste proceso de informatización.
Dúas empresas interesanse por varias parcelas da futura ampliación do Polígono Industrial de Palas de Rei, concretamente pola reserva de 10.000 metros cuadrados nun caso e de 6.000 metros cadrados noutro caso, co cla prácticamente estaría cerrada a venda da segunda fase do Polígono Empresarial..
A portavoz de Educación do BNG, Carme Adán, denunciou que a supresión do módulo de Cociña Galega de Vangarda da FP é unha decisión política que causará un gran prexuízo ao turismo e á industria galega.
O equipo de Goberno considera a construcción de Vivendas Protexidas como unha prioridade debido o importante número de persoas anotadas no rexistro de demandantes de Vivenda.