Os populares galegos seguen traballando para establecer canles de comunicación fluída, bidireccional e permanente coas persoas de a pé que permitan que cidadanía e Goberno vaian da man.
As oficinas están atendidas por deputados autonómicos e parlamentarios nacionais que se encargan de recoller hoxe as inquedanzas, suxestións e iniciativas dos cidadáns para convertelas nas propostas electorais de mañá, pois unha das prioridades do partido é continuar sendo o que máis se parece a Galicia.
Do mesmo modo, dende estas oficinas a información flúe cara á cidadanía, pois a través delas os deputados autonómicos e parlamentarios nacionais tamén explican aos cidadáns as iniciativas que afectan á súa bisbarra.
A rede de oficinas parlamentarias comezou a funcionar en xullo de 2008 con 14 oficinas. Pouco máis dun ano despois, Galicia conta xa con 18 oficinas parlamentarias populares - tres na Coruña, tres en Ourense, sete en Lugo e cinco en Pontevedra-, e xa se proxecta a apertura de máis.
Trátase dunha ferramenta fundamental para achegar o programa electoral á xente e reactivar unha vía de intermediación entre a cidadanía e o Goberno na que o partido actúa como mediador entre ambos os dous.
Esta iniciativa, na que o PPdeG é pioneiro en Galicia, reflicte o interese do partido por facer política para as persoas e reafirma o seu compromiso e interese de gobernar a pé de rúa, virar as costas a ninguén e para todos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.