//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
A guerra de Ucraína foi o punto central da reunión da Mesa do Comité Europeo das Rexións (CDR) que tivo lugar en Praga hoxe e na que participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo. O encontro tratou o impacto da invasión dende unha perspectiva rexional, así coma o papel das cidades e rexións nos plans de reconstrución do país. Tamén se presentaron os obxectivos de Chequia, país anfitrión, para a súa presidencia do Consello da Unión Europea, actualmente en curso.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta impulsará a redacción da que será a primeira Lei de ordenación do litoral de Galicia. Trátase, segundo explicou, dunha normativa que nace co obxectivo principal de buscar o autogoberno pleno e a ordenación da franxa costeira e de asumir o papel de xestión que lle corresponde no exercicio dunha das súas competencias exclusivas máis significativas e identitarias. 'Tal e como avalou o Consello Consultivo temos plena capacidade para a xestión do noso litoral. Ninguén coñece a costa galega mellor que os propios galegos', subliñou o titular do Executivo galego.
A Xunta de Galicia recorrerá ante o Tribunal Supremo a reforma do regulamento de Costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral, tal e como lle trasladaron esta tarde as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, a representantes da cadea mar-industria. As conselleiras confirmaron a presentación dun recurso para frear o ataque do Goberno central contra as instalacións no litoral, dado o escenario preocupante que xera esta nova normativa, aínda máis restritiva que a modificación da duración das concesións introducidas pola Lei de Cambio Climático.
Nesta vixésima edición, a #EURegionsWeek levará por lema Novos retos para a cohesión europea e centrarase en catro temas: a transición verde, a cohesión territorial, a transición dixital e o empoderamento da mocidade. A Fundación Galicia Europa (FGE) participa este ano como socia nun consorcio de rexións para organizar un seminario o 12 de outubro baixo o título Regions addressing integrated sustainable urban development trough Cohesion Policy projects. No encontro presentaranse casos de éxito relacionados co desenvolvemento urbano sostible por parte de municipios e rexións de Portugal, Romanía, Polonia e Eslovenia.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, demandou hoxe na Conferencia Sectorial de Enerxía a retirada do Real Decreto de aforro e eficiencia enerxética, que, tal e como lembrou, 'non foi consensuado en ningún momento coas comunidades autónomas nin cos sectores produtivos'. Así, avogou por que se poida atopar un acordo e tomar medidas cun impacto real 'nese obxectivo compartido para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética'. Neste sentido, o responsable de Economía, Industria e Innovación trasladou ao Goberno que desde a Xunta de Galicia se ofrece a máxima colaboración e implicación de Galicia no desenvolvemento deste tipo de actuacións, pero dándolle prioridade ao que están pedindo tanto familias como tecido produtivo.
Constituíuse unha comisión interdisciplinar co obxectivo de deseñar un plan de recuperación integral do Courel tras o incendio acontecido o pasado mes de xullo, e que definirá as tarefas de rexeneración dos espazos naturais danados e a tramitación das axudas para as persoas que se viron afectadas polo incendio. Ademais de responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Concello de Folgoso do Courel, tamén formarán parte da comisión representantes do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), do xeoparque mundial Unesco Montañas do Courel, da reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e do Courel, profesionais de diversos eidos e membros da asociación de veciños.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou na Conferencia do Ciclo de Conselleiros da Saúde da Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), un encontro no que voltou a esixir ao Goberno de España a adopción de medidas urxentes para a resolver o desabastecemento de facultativos que sofre o Sistema Nacional de Saúde. Durante a súa intervención, o responsable da carteira sanitaria da Xunta lanzou novamente unha mensaxe de emerxencia ao Ministerio de Sanidade, remarcando que 'a falla de médicos é o problema máis urxente que ten neste intres a sanidade española'.
Galicia e Euskadi propoñen á ministra de Sanidade medidas de choque urxentes destinadas á incorporación de máis profesionais de medicina á atención primaria, para que sexan tratadas no Consello Interterritorial. O conselleiro de Sanidade de Galicia, Julio García Comesaña; e a conselleira de Saúde de Euskadi, Gotzone Sagardui, asinaron un manifesto de carácter aberto para reforzar a atención primaria. O documento xa o remitiron ao Ministerio de Sanidade e van presentalo no Consello Interterritorial do próximo mércores. No mesmo dise que, máis aló do Plan de Acción de Atención Primaria, necesítanse 'medidas de choque urxentes' en formación de especialistas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou hoxe o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclamou á ministra de transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que sexa abordado coa máxima prioridade e co máximo nivel de atención. Logo de agradecer á ministra que se desprazase para comprobar en primeira persoa o estado do viaduto, o presidente da Xunta aproveitou o encontro para explicarlle o impacto que o colapso deste tramo está a ter na economía galega. A este respecto, indicoulle que o corte supón que a metade norte de Galicia, as súas empresas e os seus portos se queden sen unha vía fundamental para o transporte de mercadorías.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acadou hoxe o apoio de sindicatos e empresarios para instar ao Goberno central a que axilice e concrete os fondos europeos aos que que Galicia aspira. Sobre todo no caso de proxectos prioritarios como son Stellantis, Showa Denko ou o polo forestal de Lugo. O titular do Goberno galego, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá co secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, e coa secretaria xeral de CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, e posteriormente, mantivo un encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.
Baixo o lema Tempo de compromiso con Galiza, o BNG presenta as candidaturas das sete cidades de cara ás eleccións municipais de 2011. Son listas que combinan experiencia na xestión con grandes doses de renovación xeracional, afirmou o portavoz nacional.
A Deputación, 1ª administración galega cun Plan Económico Financieiro, acada a estabilidade financieira un ano antes da vixencia do plan. Besteiro e Bao destacan a relación sólida do equipo de goberno é curioso porque dende a oposición sempre intentaron ir por este lado, pero deron en pedra e en ferro.
O presidente da Xunta cualificou a Albor coma un especialista en reunificacións e experto en demoler muros coa forza inmensa do sentido común e a tolerancia. Resalta que Albor axuda a unificar á Galicia saída da negra sombra, e que pertence a unha xeración de bos políticos e boas persoas que asentan Europa e Galicia en dous alicerces: institucións e exemplos.
O voceiro do PPdeG indicou que Feijóo recortará as súas escasas horas de descanso e dedicará parte das súas fins de semana e as tardes-noite dalgúns venres a entrevistarse coa xente de cada unha das comarcas para coñecer as necesidades dos cidadáns.
O protocolo de colaboración asinado contempla 23 cláusulas e inclúe cuestións de interese común para Galicia e Castela León en materias de educación, infraestruturas ou do Xacobeo. Co acordo preténdese dotar de valor engadido ás políticas de intercambio e ás alianzas entre ambos territorios.
No acto de lembranza do histórico galeguista, o voceiro do BNG Guillerme Vázquez cargou contra o decreto do galego da Xunta de Galicia asegurando que por primeira vez o Goberno galego lexisla contra o idioma do país.
A liña de axudas cubre ata un máximo do 75% dos gastos das actividades e persegue a conservación do patrimonio cultural dos pobos, que constitúe un atractivo para a promoción da provincia.
O mandatario galego Alberto Núñez Feijóo inicia en Salvador de Bahía o seu periplo por terras de Brasil, Arxentina e Uruguai onde procurará difundir o Xacobeo 2010 e manifestar a súa aposta pola emigración galega de sempre.
O PPdeG di que a decisión do Goberno galego terá como guía fundamental os intereses de Galicia e afirma que os que non queiran respetar a postura da comunidade terán que dar explicacións ante a opinión pública galega.
O Paseo Fluvial de Río Roxán constiue unha zona moi transitada polos veciños de Palas de Rei, dada a súa riqueza paisaxística, que empregan os momentos de ocio e tempo libre para facer sendeirismo por este entorno natural as beiras do río.