Noticias

Galicia recorrerá a reforma do regulamento de Costas do goberno central

A Xunta de Galicia recorrerá ante o Tribunal Supremo a reforma do regulamento de Costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral, tal e como lle trasladaron esta tarde as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, a representantes da cadea mar-industria. As conselleiras confirmaron a presentación dun recurso para frear o ataque do Goberno central contra as instalacións no litoral, dado o escenario preocupante que xera esta nova normativa, aínda máis restritiva que a modificación da duración das concesións introducidas pola Lei de Cambio Climático.

Durante o encontro, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reiterou que o novo regulamento reforza a intención do Goberno central de expulsar do litoral toda presenza social e económica sen xustificación técnica algunha, tal e como confirma o feito de que elimine a posibilidade de prórroga extraordinaria de todas as concesións de actividades económicas e que establece unha duración máxima de 30 anos para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre (DPMT).

Nesta liña, as conselleiras confirmaron a presentación dun recurso para frear o ataque do Goberno central contra as instalacións no litoral, dado o escenario preocupante que xera esta nova normativa, aínda máis restritiva que a modificación da duración das concesións introducidas pola Lei de Cambio Climático. A isto hai que engadir que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondeu ás alegacións presentadas pola Xunta a este regulamento de xeito xenérico, pouco claro e caendo en contradicións.

Pola súa, a conselleira do Mar advertiu de que a nova normativa de Costas vai acabar afectando, tarde ou cedo, a todas as empresas do complexo mar-industria de Galicia asentadas en terreos de DPMT no momento en que teñan que renovar as súas concesións e se topen cos prazos máis curtos establecidos polo Goberno central e coas súas maiores exixencias co obxectivo de retirar calquera vestixio de presenza humana do litoral.

Rosa Quintana lembrou que nos últimos meses xa houbo casos de dificultades de empresas asentadas na costa que sufriron trabas para a renovación das súas concesións malia non estar en vigor a modificación do regulamento de costas, polo que agora se pode complicar aínda máis a situación. Estes casos, subliñou, van volver repetirse segundo as distintas autorizacións se vaian esgotando e os seus propietarios teñan que enfrontarse á nova normativa, moito máis restritiva. “Podemos ver un ‘efecto cascada’, coa aparición de casos semellantes un detrás doutro”, expuxo a titular de Mar.

A representante da Xunta lamentou os ataques constantes e inxustificados do Goberno central contra a cadea mar-industria de Galicia e reprobou que nas medidas que adopta non teña en conta o dano que poden causar ao sector e ao conxunto da comunidade, tanto desde o punto de vista económico como desde o social. Por iso, insistiu en que a Xunta debería ter as competencias para a xestión do dominio público marítimo-terrestre galego pois é quen mellor coñece as distintas actividades que se desenvolven na súa costa e as súas especificidades.

R., 2022-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES