Actualidad de Política

Noticias politica

'A Xunta de Galicia aposta polo investimento en investigación sanitaria e a tal efecto esta partida veuse incrementada en máis dun 9% nos presupostos do vindeiro ano ata acadar os 5,7 millóns de euros, consolidando e ampliando a suba do 20% experimentada no 2021'. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no acto de entrega do 28º premio Rafael Hervada á investigación biomédica, 'que supón un recoñecemento a aqueles que realizan un traballo continuado ao servizo dunha mellor atención sanitaria, centrados na busca de novos coñecementos e tratamentos'.
O presidente da Xunta informou de que o Consello avaliou as prioridades do Goberno galego de cara á modificación da planificación da rede de transporte eléctrica da Comunidade, proxectos que a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, se comprometeu a estudar, tras a reunión mantida a semana pasada co presidente galego. A Xunta vai enviar 'de inmediato' un documento coas modificacións que necesarias na rede eléctrica, 'agardando que sexan tidas en conta e se fagan as actuacións necesarias para facelas realidade'.
A Xunta cualifica de 'decepción' o resultado da reunión sobre a A-6 co Ministerio de Transportes, que non achegou explicacións suficientes do colapso, solucións eficaces para os transportistas nin plan concreto para a reconstrución integral da autovía. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe na reunión, por videoconferencia, convocada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sobre o colapso do viaduto do Castro da A-6, na que tamén participaron representantes do Goberno de Castela e León.
O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou esta tarde no Parlamento que, a partires do ano 2023, dous terzos dos compoñentes do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta traballarán todo o ano, xa que todos os postos de traballo de nove meses vanse pasar a doce meses. Así mesmo, indicou que está en marcha un proceso de funcionarización para que moitos deles poidan adquirir a condición de funcionario. Unhas novas que trasladou no marco da súa comparecencia, a petición propia, para dar conta do balance da campaña de incendios de 2022 e informar dun paquete de 20 medidas para facer fronte a esta lacra.
O 'cohousing' ou vivenda colaborativa é un modelo de convivencia que conta cunha ampla traxectoria noutros países como os nórdicos. Entre as condicións e requisitos que se establecen nesta normativa atópase que as instalacións poderán albergar un máximo de 150 persoas cunha idade igual ou superior aos 55 anos. Ademais, os centros contarán con espazos privados -conformados por un cuarto, baño, cociña, salón e rocho- así como zonas de uso común. Así mesmo, tamén se prevé unha sala ou espazo de atención sociosanitaria para a asistencia de persoas que requiran coidados.
A Alianza galega polo clima vén de recibir o recoñecemento como unha das mellores Sustainability Action 2022 de impacto ambiental e social no marco do Sustainability Day 22, unha xornada dedicada a compartir experiencias no eido da sostibilidade. A Alianza -que na actualidade conta cunhas 30 entidades como universidades, autoridades portuarias, empresas e entidades deportivas- ten como obxectivos a adaptación ou mitigación do cambio climático; o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica; a promoción da investigación vinculada ao clima, e o impulso da transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exixiu hoxe un compromiso real do Goberno central coa alta velocidade Vigo-Porto por tratarse dunha 'infraestrutura estratéxica e importante' para o desenvolvemento de Galicia, o norte de Portugal e tamén para todo o noroeste de España, 'moi necesitada desta aposta estratéxica', advertiu sobre esta conexión que permitirá reducir o tempo da viaxe entre as dúas cidades das dúas horas e vinte minutos actuais a menos dunha hora. Rueda fixo esta reclamación durante a súa intervención na xornada Desafíos actuais en infraestruturas transfronteirizas e desenvolvemento económico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizada pola Agrupación europea de cooperación territorial de Vigo.
Airbus, Babcock e Telespazio serán novos socios estratéxicos e tecnolóxicos do Polo Aeroespacial de Galicia, segundo anunciou hoxe a Xunta de Galicia. Trátase dunha alianza con tres compañías de recoñecida traxectoria internacional nunha área estratéxica para a nosa comunidade. O Polo Aeroespacial de Galicia é unha folla de ruta para os vindeiros catro anos que busca impulsar a investigación e a implantación de empresas do sector na comunidade galega. A sinatura dos acordos de asociación con estas compañías suporá o impulso de 40 proxectos de I+D no eido dos sistemas non tripulados con 49,8M€ de fondos públicos e 233 do tecido empresarial.
A Xunta de Galicia volveu reclamar hoxe ao Goberno central que actúe de forma eficaz e contundente para frear o fenómeno da ocupación de vivendas impulsando unha reforma lexislativa que, entre outras cuestións, endureza as penas contra os responsables deste tipo de accións e garanta a máxima axilidade á hora de desaloxar os inmobles ocupados. Esta foi a principal demanda que lle trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, con quen se reuniu por primeira vez desde que asumiu o cargo, hai ano e medio.
A Xunta rexeita a pretensión da Comisión Europea de equiparar, a efectos de control da contaminación, as explotacións de vacún de máis de 150 unidades de gando maior (UGM) coas grandes industrias. Así o manifestou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González -en liña coa postura do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación-, durante a súa participación por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios. O titular de Medio Rural súmase así á postura tamén defendida por outros Estados Membros da UE, caso de Francia, no sentido de que non procede introducir máis restricións á gandería por medio dunha modificación da directiva de emisións industriais.
« Anterior | 20  de  158 | Siguiente »

Notas politica

La Asociación Nacional por la Libertad Lingüística considera el inicio ayer del uso de las lenguas autonómicas en el Senado algo más allá de la mera anécdota y del esperpento que supone ver a los senadores españoles, conocedores todos del castellano, emplear sistemas de interpretación en la Cámara Alta.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Director Xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva, presidiu no Pazo de San Marcos o Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Madrid nunha reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación da Xunta de Galicia.
O Presidente leva novos investimentos ás localidades do Castro, Felmil e Cerdeiras por valor de 9.000 euros. Besteiro anuncia que o organismo provincial fará posible a continuidade do belén electrónico achegando 5.000 euros para o seu mantemento e ampliación.
O Presidente e a Conselleira asinan un convenio que establece que a Xunta debe pagar a débeda adquirida dende o 1 de xaneiro de 2005 ó 31 de decembro de 2010 en 6 anos.
Davila criticou “o engano á cidadanía” e deixou claro que o BNG “non vai participar en ningunha actuación que supoña dar información enganosa á xente”.
Para o secretario xeral do PPdeG é inadmisible e un feito sen precedentes que o presidente do Goberno central se negase a visitar Galicia no Xacobeo. Considera que entre as alegrías que nos deixa 2010 está o feito de que Galicia é hoxe un territorio máis forte educativa, financeira, cultural, sanitaria e laboralmente falando.
A Xustiza confirma que a denuncia política iniciada polos socialistas o día da pegada de carteis das eleccións europeas só tiña unha intención: manchar o nome do conselleiro como forma de gañar votos. O PPdeG esixe unha desculpa inmediata da cúpula do PSOE por 18 meses de calumnias e inxurias a Agustín Hernández.
A Deputación denuncia graves irregularidades na Fundación TIC durante a época do equipo de Barreiro semellantes ás acontecidas no Pazo de Tor. A TIC gravaba co Partido Popular galas en Toledo de Manolo Escobar, David Civera ou Pimpinela das que se beneficiaba unha produtora de fóra que, á súa vez, gañaba cartos pasándolle ós Concellos de Lugo unha factura de 5 millóns de pesetas por saír na gala.
Gómez Besteiro presenta ó Secretario de Estado de Administración Local no país luso, os dous programas tecnolóxicos cos que implantará a eadministración na provincia, creando emprego e aforrando cartos ós Concellos e ós cidadáns.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES