Notas de prensa

Cooperación para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Madrid nunha reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación da Xunta de Galicia.

O obxecto da reunión foi presentar aos representantes da citada Comisión o Plan Anual da Cooperación Internacional 2011, elaborado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, e sometelo ao seu ditame. Na súa intervención, Gamallo centrouse naqueles ámbitos e obxectivos do documento que recibiu o informe favorable dos tres órganos de coordinación e asesoramento da cooperación galega.

Entre eles, destacan fundamentalmente a mellora da eficacia da axuda, incorporando de forma máis efectiva os principios da Axenda de París, así coma fortalecemento do tecido galego de cooperación, todas elas orientadas ao obxectivo fundamental de contribuír á redución da pobreza e promover o desenvolvemento nos países do Sur, ademais da promoción na sociedade galega da conciencia e o coñecemento sobre a realidade dos países máis empobrecidos.

A Comisión Interterritorial é un órgano consultivo e de coordinación, concertación e colaboración entre as Administracións públicas que levan a cabo accións de cooperación ao desenvolvemento. Está presidida pola secretaria de Estado de Cooperación Internacional e vicepresidenta primeira da Comisión Interterritorial de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez Ramos, e nela participan representantes de diferentes departamentos da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades locais.

Os representantes das CC.AA. e das Entidades Locais congratuláronse de que o Comité das Rexións europeo adxudicase a Galicia a elaboración do ditame sobre o Libro Verde da Comisión Europea sobre o futuro da Política de Cooperación para o Desenvolvemento na U.E. Jesús Gamallo ofreceuse para recoller as propostas que as CC.AA e as Entidades Locais españolas queiran facer ao citado documento a través dos seus respectivos representantes no Comité das Rexións.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, 2011-01-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES