Noticias

A Alianza galega polo clima recibe o recoñecemento como unha das mellores Sustainability Action 2022 de impacto ambiental e social

A Alianza galega polo clima vén de recibir o recoñecemento como unha das mellores Sustainability Action 2022 de impacto ambiental e social no marco do Sustainability Day 22, unha xornada dedicada a compartir experiencias no eido da sostibilidade. A Alianza -que na actualidade conta cunhas 30 entidades como universidades, autoridades portuarias, empresas e entidades deportivas- ten como obxectivos a adaptación ou mitigación do cambio climático; o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica; a promoción da investigación vinculada ao clima, e o impulso da transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

A Alianza galega polo clima, impulsada pola Xunta de Galicia o pasado mes de xuño, vén de recibir o recoñecemento como unha das mellores Sustainability Action 2022 de impacto ambiental e social no marco do Sustainability Day 22, unha xornada dedicada a compartir experiencias no eido da sostibilidade.

Durante o acto de entrega de galardóns, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, agradeceu que se recoñeza o esforzo que leva a cabo o Goberno galego para que o sector público e privado traballen xuntos cos mesmos obxectivos e a mesma filosofía: deixar unha Galicia mellor ás vindeiras xeracións. Neste sentido, subliñou que os promotores deste premio fixeron unha exhaustiva escolla entre proxectos e iniciativas moi diversas no eido da sustentabilidade.

A Alianza galega polo clima —que na actualidade conta xa cunhas 30 entidades inscritas como universidades, autoridades portuarias, empresas e entidades deportivas— supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes.

Entre eles, cómpre salientar o establecemento de accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; o fomento do intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; a promoción e apoio á investigación vinculada ao clima, e o impulso do desenvolvemento e da difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

R., 2022-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES