
O membro do Padroado da Fundación TIC, Juan José Díaz Valiño, respostou ás últimas críticas realizadas polo Partido Popular sobre a actividade de dita entidade. Díaz Valiño aclarou que ata o de agora este equipo de goberno nunca se dedicou a levantar alfombras, nunca, só a traballar sen mirar atrás. Pero ante as reiteradas mentiras do Partido Popular sobre a Fundación TIC, vémonos na obriga de facelo. E empezamos hoxe, advertindo que non temos nada que agochar pero, se José Manuel Barreiro quere que levantemos alfombras, cando se sepa a verdade, vai ter que baixar a cabeza de vergoña e volver a cova na que se meteu para estar outra vez ilocalizable como estivo cando Feijóo anunciou que levaba o hospital de San Rafael.
Díaz Valiño subliñou que o uso que facía o Partido Popular da Fundación TIC era un auténtico despilfarro e un auténtico escándalo. Deste xeito, lembrou que cando o PP perdeu as eleccións, e só 3 días antes de que Besteiro tomase posesión, a toda présa, o Partido Popular adxudicou dous contratos millonarios en equipos técnicos totalmente desproporcionados para a Fundación TIC, máis propios dunha televisión de Berlusconi, por valor de 400.000 euros, 65 millóns de pesetas. Este modo de adxudicar cando un goberno está en funcións recorda ó que utilizaba os de José Manuel Barreiro noutra Fundación: a do Pazo de Tor. O Deputado destacou que, ante esta situación, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, conseguiu que as propias empresas adxudicatarias renunciasen a eses contratos xa que elas mesmas consideraban, segundo mantén o escrito, que existía unha excesiva desproporción entre a inversión e as necesidades que tiña a Fundación Tic; e completou os equipos técnicos realmente necesarios para que os alumnos da Escola de Imaxe e Son fagan prácticas porque son os mesmos cos que van traballar cando se incorporen ó mercado laboral. Nin máis nin menos.
A provincia, o obxectivo da Fundación TIC
A Deputación marcou como obxectivo da Fundación a provincia de Lugo. Polo tanto, é normal que cubramos as actividades de interese xeral da Deputación provincial o que non é normal é que o PP queira vetar ó Presidente, ¿ou é que Feijoo está vetado nas noticias da Xunta que emite a TVG?. Deste xeito, enviáronse cartas ós 67 Concellos lucenses para ofrecerlles os servizos audiovisuais da TIC; realizáronse máis de 70 vídeos para promocionar economicamente as empresas lucenses; preparáronse gratuitamente vídeos promocionais dos municípios e das súas actividades como por exemplo en Vilalba, ou a Semana Santa da Mariña para difundila en Fitur. Da mesma forma, os alumnos fan un informativo semanal que promociona a provincia e que se emite en todos os medios de comunicación; realizáronse as Galas de Aniversario da Muralla de Lugo e a Pasarela dos deseñadores e artesáns lucenses, todas elas recollidas nas principais televisións nacionais; fixéronse retransmisións deportivas dos equipos lucenses que se emitiron por exemplo en Canal Plus; grabáronse vídeos de promoción das Reservas da Biosfera emitidos en Dixital Plus; e ducias de convenios de colaboración con empresas de Lugo e asociacións.
En comparanza, Díaz Valiño lembrou que co PP, co equipo de Barreiro, o obxectivo da Fundación nunca foi a provincia. A TIC era utilizada para gravar galas de Manolo Escobar, David Civera ou Pimpinela das que se beneficiaba unha produtora de fóra que, á súa vez, gañaba cartos pasándolle ós Concellos de Lugo unha factura de preto de 5 millóns de pesetas por saír na gala. O Deputado destacou ademais que o Partido Popular enviaba equipos completos de gravación a lugares tan de Lugo como: Sanxenxo, Noia, Combarro, Padrón, Xinzo de Limia, Ortigueira, León ou Toledo.
Do despilfarro á rentabilidade
Besteiro convertiu en rentable unha Fundación TIC símbolo do despilfarro do equipo de José Manuel Barreiro. O membro do Padroado da Fundación TIC xustificou estas declaracións poñendo varios exemplos:
1.- Cos de José Manuel Barreiro, a fama desta Escola era tan mala que todos os anos sobraban prazas de matrícula. Con Besteiro cubríronse as prazas e nalgunha especialidade temos lista de espera. Por algo será.
2.-Con Barreiro, a Fundación TIC apenas era coñecida. Besteiro centrou o esforzo na formación académica, multiplicando os convenios e acordos coas asociacións lucenses nun 200% e conseguindo que os chavales accedan a través de becas ó mercado laboral, o que vai facilitar a súa inserción no futuro. Ademais, abrimos a Fundación á sociedade, formando en novas tecnoloxías. Como media, 80 persoas visítannos cada semana a través do programa Km0.
3.- Cos de Barreiro, os chavales non podían estudiar en Lugo. Con Besteiro, os rapaces xa non teñen que marchar a Coruña ou Vigo ás escolas de Imaxe e Son. Teñen dereito a estudiar en Lugo e así o están escollendo. Ademais Besteiro implantou a matrícula gratuíta, favorecendo a formación da xuventude.
4.-Co equipo de Barreiro, as instalacións desta Escola e da Produtora do Ceao eran ratoneiras, nun estado deplorable. Con Besteiro a Escola está sendo acondicionada. Ademais, este ano comezarán as obras no piso superior -que se convertirá no primeiro centro de innovación de Galicia dedicado ó benestar social- e, cando a situación económica o permita, lle tocará ó piso inferior.
5.-Todo este traballo, nos permitiu dar estabilidade laboral ós profesores e técnicos auxiliares de docencia que os de Barreiro tiveron durante moitos anos en situación que rozaba a ilegalidade e que non aceptaría ningún xulgado do social. É máis, con Besteiro por primeira vez os traballadores puideron escoller os seus representantes sindicais.
6.- O pasotismo dos de Barreiro é tal que, cando celebramos os Padroados da Fundación TIC para dar conta destas actuacións a todos os partidos políticos, os de Barreiro non asisten e, se algunha vez o fan, é para absterse, denunciou.
Díaz Valiño concluiu setenciando que nós non somos coma outros que tiñan razón pero calaron. Non queremos levantar alfombras, non é o noso estilo. Pero ante as graves inxurias non imos quedar calados.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.