Notas de prensa

O TSXG descarta procesar ao conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández

A Xustiza confirma que a denuncia política iniciada polos socialistas o día da pegada de carteis das eleccións europeas só tiña unha intención: manchar o nome do conselleiro como forma de gañar votos. O PPdeG esixe unha desculpa inmediata da cúpula do PSOE por 18 meses de calumnias e inxurias a Agustín Hernández.

O Partido Popular de Galicia esixe unha desculpa inmediata da cúpula do PSOE por 18 meses de calumnias e inxurias ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Os populares galegos fan fincapé en que o Tribunal Superior de Xustiza confirmou que a denuncia política iniciada polos socialistas galegos o día da pegada de carteis das eleccións europeas só tiña unha intención: manchar o nome do conselleiro como forma de gañar votos.

Nesta liña, o Partido Popular de Galicia salienta que este novo varapao xudicial únese á decisión do TSX de non atender á denuncia dos socialistas acerca da paridade existente no Goberno galego e demostra que o PSOE se equivocou ao pretender poñer en mans da Xustiza a súa estratexia de oposición.

Os populares galegos critican que o PSOE sexa un partido moi dado a difamar e recoméndanlle aos socialistas que acudan ás hemerotecas e revisen o que dixeron sobre a figura do conselleiro nas últimas 70 semanas e pidan perdón polas súas calumnias.

O Partido Popular de Galicia invita aos socialistas a mirarse a si mesmos antes de erguer o dedo acusador contra os demais para que se dean conta de que teñen moito de difamadores e moi pouco de políticos.

Segundo os populares galegos, aos membros do PSOE enchéuselles moito a boca pedindo ceses e facendo linchamentos públicos polo que o menos que poden facer agora é ter a decencia de pedir desculpas agora ao titular de Medio Ambiente, á Xunta de Galicia e ao Partido Popular.

Por outra banda, o Partido Popular de Galicia recoméndalle ao PSOE que cambie a súa estratexia política, baseada en atacar aos populares e ao Goberno galego, por outra que se fundamente en mirar polo interese común dos galegos e por actuar con sentido de país, defendendo os intereses da Comunidade en temas como o decreto do carbón, Vulcano ou o apoio ao Xacobeo por parte do Estado.

Lamentablemente, o PSOE parece entender a política como unha loita encarnizada por acadar o poder en vez de concebila, ao igual que a Xunta e o PPdeG, como unha ferramenta para traballar polos cidadáns.

O PSOE de Vázquez patrocina unha política rastreira. Para os populares galegos, a oposición dura pero sensata é estendible, non así o é a oposición dura pero ruin.


Gabinete de Comunicación do Partido Popular de Galicia (PPdeG), 2010-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES