//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
As comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León cuantifican en 7.900 M os investimentos necesarios para o Corredor Atlántico Noroeste e demandan unha planificación e maior compromiso por parte do Goberno de España para o impulso desta infraestrutura estratéxica. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e do Principado de Asturias, Adrián Barbón Rodríguez, lideraron o encontro do Corredor Atlántico Noroeste que, baixo o lema Unha estratexia conxunta para un proxecto común, congregou en Santiago de Compostela preto de 1.000 persoas do empresariado, dos portos e das plataformas loxísticas das tres comunidades, así como axentes políticos e sociais.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe o necesario equilibrio que debe existir entre os obxectivos medioambientais, sociais e económicos na Política Pesqueira Común (PPC), que está en proceso de avaliación, e instou á Comisión Europea a recuperar este principio como piar. Así o asegurou durante a súa participación nunha reunión conxunta celebrada no Parlamento Europeo entre representantes da Comisión de Pesca da Eurocámara e da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) sobre a aplicación da PPC e as súas perspectivas de futuro.
A Consellería de Sanidade mantivo unha reunióncunha delegación da OMS, para dar resposta ao interese deste organismo internacional sobre algunha das iniciativas que desenvolve na atención primaria o Servizo Galego de Saúde. Por parte da Xunta estivo presente a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, quen lles explicou o actual modelo organizativo da atención primaria de Galicia, o cal conta cunha rede conformada por 462 centros de saúde, 149 servizos de atención primaria e 90 puntos de atención continuada (PACs).
O presidente da Xunta resaltou hoxe que a Consellería de Sanidade vai poñer en marcha este ano un programa de intensificación da actividade asistencial con diferentes medidas para axilizar as intervencións cirúrxicas, as probas diagnósticas e as consultas co obxectivo de reducir as listas de espera 'a niveis mellores dos que había antes da pandemia'. 'É un plan ambicioso co que se vai dar solución ás demandas dos galegos e galegas' no eido sanitario, destacou.
Nun día coma hoxe, é inevitable botar a vista atrás e facer balance de todo o andado neste 2022. E facelo aquí, onde os peregrinos acreditan a súa chegada ao final de todos os Camiños, a Galicia. Eles superáronse para chegar canda nós, igual que o Camiño de Santiago superouse a si mesmo como a nosa mellor carta de presentación ante o mundo. Ao longo do ano foron 438.000 as persoas que recolleron a Compostela neste Centro de Acollida ao Peregrino, certificando así unha experiencia que seguro vai permanecer sempre no seu recordo. A elas hai que sumar outras moitas que completaron a Ruta sen achegarse a pola súa credencial.
A Xunta pídelle ao Goberno de España que manteña en 2023 as bonificacións no billete de autobús autonómico, ao igual que fará co tren. O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, vén de remitir un escrito ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, reiterándolle esta solicitude do Goberno galego, que xa fora trasladada en ocasións anteriores. No escrito remitido, solicítase do Goberno de España información sobre os plans previstos para prorrogar, a partir do 1 de xaneiro, as bonificacións do 50% no billete de autobús autonómico que vén aplicando a Xunta desde o pasado 1 de setembro.
A Xunta de Galicia, en coodinación coa Inspección de Traballo, refozarán de cara o vindeiro ano as actuacións previstas para seguir loitando contra a economía irregular, o fraude na contratación e previr os riscos no traballo, entre outros. Así, o total de actuacións ou ordes de servizo previstas para 2023 aumentarán nun 6,6% ata chegar ás máis de 41.000, dividéndose en cinco grandes áreas: prevención de riscos laborais, emprego e relacións laborais, seguridade social, economía irregular e traballo de estranxeiros e outras actuacións (accións no programadas).
A Xunta de Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación para o deseño e implementación da nova ABAU ante a negativa do Goberno do Estado de atender ningunha das principais propostas autonómicas. Así pois, Galicia comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Ministerio desbota por sistema a meirande parte das achegas que lle foron elevadas desde unha perspectiva construtiva.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que O Goberno galego vai convocar máis de 5.650 prazas en distintas categorías profesionais do Sergas antes de que remate o ano, das que 2.160 serán para a estabilización do persoal de enfermería. Rueda resaltou que esta convocatoria enmárcase no proceso de consolidación e mellora dos servizos públicos que está a levar a cabo a Xunta con medidas para fomentar a estabilidade dos empregados públicos ou para o desenvolvemento da carreira profesional.
A Xunta de Galicia insta ao Goberno central a acatar o criterio da Unión Europea con respecto do status do lobo e adaptar canto antes o seu nivel de protección á realidade actual da especie ao norte do río Douro, co fin de poder mitigar e actuar de forma efectiva ante o impacto que provoca sobre o medio rural en xeral e a gandaría extensiva en particular. Tras os contactos mantidos entre os gobernos das principais comunidades lobeiras do país nos últimos meses con representantes de diferentes institucións europeas e eurodeputados, o pasado 24 de novembro a Eurocámara aprobou unha resolución na que instaba á Comisión Europea a tomar medidas para flexibilizar a situación actual de estrita protección do lobo e trasladar este acordo ao conxunto dos Estados membros.
O Parlamento de Galicia reúne aos ex presidentes da Cámara galega e da Xunta de Galicia na sesión solemne conmemorativa do 30º aniversario desta institución. A presidenta Pilar Rojo pide "afianzar a súa dimensión de servizo público" e "actualizalo".
Este programa educativo, que naceu en Lugo no 1977, converteuse nun modelo de desenvolvemento para outras rexións de europa con características similares a Galiza.
O Secretario da Emigración presentou aos presidentes dos centros galegos e á prensa en Arxentina o contido deste documento estratéxico do Goberno galego. O Plan define 5 áreas de actuación, e establece 13 liñas prioritarias, 36 programas e 17 estratexias.
O organismo provincial incorpora por vez primeira a figura de Vicevoceira que será desempeñada pola Deputada socialista do partido xudicial de Chantada.
O deputado nacionalista Francisco Jorquera manifestou a oposición do BNG a seguir participando no conflicto de Libia e denuncia o incumprimento da resolución da ONU. O BNG denuncia que derrocar a Gadafi agora parece que é o único obxectivo declarado.
No encontro de Nicosia (Chipre), no que participou o Goberno galego, debatíronse as propostas sobre unha normativa intelixente en Europa e o ditame do CdR sobre a Estratexia europea de dereitos fundamentais. Desde Galicia pídese máis peso das administracións locais e rexionais na UE.
Cillero é Licenciado en Dereito, Ciencias Políticas, Máster en Administracións Públicas, especializado en contratación e recursos humanos, ademáis de profesor na Universidade.
Consideran que vai contra o deber de separar opinión e información.
Pablo José Taboada Camoira será candicato á Alcaldía do Concello de Palas de Rei nas eleccións municipais do 22 de maio polo Partido Popular.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, dirixiu hoxe en Bruxelas a reunión de lanzamento da nova rede de cooperación territorial europea organizada polo Comité das Rexións europeo.