
O BNG opónse rotundamente á prórroga da participación de continxentes militares españois en Libia.
A dramática e terríbel situación de Libia que está derivando nunha guerra con evidentes compoñentes de guerra civil precisa outro modo de conducir este conflito que non sexa pola vía da intervención armada, sinal ao deputado do BNG, Francisco Jorquera.
Os parlamentares do BNG non poden votar nen intervir na Comisión conxunta, Exteriores-Defensa, que se celebra esta tarde no Congreso dos Deputados xa que no Grupo Mixto non teñen a portavocía destas Comisións, e ademáis non se permiten mási de dúas intervencións por Grupo. Máis o BNG quer deixar clara a súa posición contraria, manifestada tanto na votación no Pleno do pasado 22 de marzo como cando o 19 de abril se votou a ampliación da participación española en Libia.
A OTAN tamén provoca vítimas civís
Os nacionalistas galegos, que foron críticos coa resolución da ONU pola súa ambiguedade, pero afirman que incluso se está a incumprir dita resolución e se está a ir máis alá. Lembra Jorquera que a resolución da ONU fala de proteción á poboación civil, de zona de exclusión aérea e de embargo económico e de armas.
Pero actualmente se está a incumprir o embargo de armas e a situación está desembocando nun conflito con claros compoñentes de guerra civil. Sen querer ser agoreiros, estás ea producir o que advertimos no seu momento: o que se presentou como unha operación rápida e curta, ciruxía fina, resulta que se convertiu nunha guerra cronificada con multitude de vítimas civís que tamén provoca a OTAN e con cuantiosos danos nas infraestruturas civís.
Zapatero incumpre a súa palabra
Para o deputado do BNG o Presidente do Goberno está vulnerando a súa palabra xa que puxo como condición que a intervención se debía apoiar nunha resolución da ONU. Porén e á luza dos feitos é evidente que se está producindo unha extralimitación e se está indo moito máis lonxe do permitido.
Neste sentido, tamén subliña que se dixo até a saciedade que o obxectivo non era derrocar a Gadafi pero parece que agora é o único obxectivo declarado.
O portavoz do BNG no Congreso lembra que as intervencións militares non conducen a bó porto, só contribúen a agravar os problemas, acentúan destrución e sumen nun estado de guerra permanente o país, precisamente o que está a suceder en Libia.
Fotografía: Ministerio de Defensa
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.