Noticias

A Organización Mundial da Saúde interésase polas iniciativas postas en marcha polo Sergas en materia de atención primaria

A Consellería de Sanidade mantivo unha reunióncunha delegación da OMS, para dar resposta ao interese deste organismo internacional sobre algunha das iniciativas que desenvolve na atención primaria o Servizo Galego de Saúde. Por parte da Xunta estivo presente a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, quen lles explicou o actual modelo organizativo da atención primaria de Galicia, o cal conta cunha rede conformada por 462 centros de saúde, 149 servizos de atención primaria e 90 puntos de atención continuada (PACs).

Ademais, a delegación da OMS amosou o seu interese en coñecer as fortalezas e solucións que se lle están a dar aos retos asistenciales e organizativos que actualmente se están a afrontar na atención primaria da nosa comunidade.

Neste encontro, a Consellería de Sanidade explicou dúas das iniciativas máis innovadoras que, neste momento, están a funcionar no Servizo Galego de Saúde. A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, presentou o Programa para a xestión integral da demanda en equipo (XIDE), e, pola súa parte, o subdirector xeral de Xestión Asistencial e Innovación do Sergas, Alfonso Alonso, detallou o funcionamento da Plataforma tecnolóxica de asistencia domiciliaria (TELEA).

R., 2023-01-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES