Noticias

Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación sobre a nova ABAU ante a negativa do Goberno central a escoitar as propostas autonómicas

A Xunta de Galicia abandona a mesa de traballo do Ministerio de Educación para o deseño e implementación da nova ABAU ante a negativa do Goberno do Estado de atender ningunha das principais propostas autonómicas. Así pois, Galicia comparte esta decisión con outras comunidades xa que o Ministerio desbota por sistema a meirande parte das achegas que lle foron elevadas desde unha perspectiva construtiva.

Lamenta, así mesmo, que tampouco escoite opinións de organismos independentes e referentes no seu ámbito como a Real Academia de la Lengua (RAG), a Red Española de Filosofía ou os coordinadores do exame de Lengua castelá e Literatura, moi críticos coa proposta ministerial.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vai seguir defendendo unha proba de consenso que naza da rigorosidade e do diálogo a prol de garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado, máxime nun sistema de distrito universitario único como é España. Así o expuxo a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta, Judith Fernández, nunha reunión celebrada esta mañá.
 
A representante da Consellería reiterou a necesidade de deseñar unha proba da ABAU con criterios de avalia Lamenta, así mesmo, que tampouco escoite opinións de organismos independentes e referentes no seu ámbito como a Real Academia de la Lengua (RAG), a Red Española de Filosofía ou os coordinadores do exame de Lengua castelá e Literatura, moi críticos coa proposta ministerial.ción homologables e uniformes, así como que se adíe o calendario de implantación e se elimine a proba de madurez que pretende instaurar o Ministerio e que diminúe o nivel de esixencia e, por conseguinte, xera máis desigualdade.
 
A Xunta xa levaba tempo advertindo de que as propostas de Galicia non estaban sendo escoitadas e que, por tanto, non podía seguir participando dun debate sen diálogo e onde as decisións se toman dun xeito unilateral por unha das partes. De feito, na Conferencia Sectorial celebrada o 2 de novembro deu un ultimato que non foi escoitado.

R., 2022-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES