
A retirada das axudas por parte da Xunta de Galiza tras a chegada ao goberno do PP pon en perigo a continuidade deste proxecto que atende a máis de 1.200 familias na provincia de Lugo.
O BNG someterá á aprobación do pleno do concello de Lugo unha moción para instar á Xunta de Galiza a manter as axudas a Preescolar na Casa para salvagardar a súa continuidade, cando menos, no nivel actual e asà favorecer o mantemento da poboación rural, garantindo a mellora das condicións de vida dos seus habitantes e dignificando o vivir no rural. Antón Bao e Paz Abraira presentaron esta moción coa que os nacionalistas pretenden facer recapacitar á ConsellerÃa de Educación da súa intención de mutilar este proxecto. Esta será a primeira moción presentada polo BNG en pleno neste novo mandato. Este primeiro pleno do mandato celebrarase o luns 5 de setembro.
Paz Abraira resaltou a importancia de manter un programa destas caracterÃsticas que "atende a máis de 1.200 familias da provincia de Lugo e a cerca de 4.000 en toda Galicia". Un programa que tamén se desenvolve no concello de Lugo e que achega o seu traballo a diferentes barrios e parroquias, Paz Abraira enumerou as familias que se benefician dos programas da fundación no concello de Lugo: Centro Fingoi: 7 familias; CEIP A Ponte: 13 familias; Centro de Convivencia MarÃa Balteira: 21 familias; Centro Social Maruja Mallo: 13 familias; CEIP Manuel Mallo: 4 familias; Centro Social Frigsa: 9 familias; Centro Social Sagrado Corazón: 8 familias; Centro Social Trapero Pardo: 5 familias; Centro Educación Maternal GarcÃa Portela: 16 mulleres embarazadas. Segundo Paz Abraira "un total de 96 familias participan nos programas de preescolar na casa no propio concello de Lugo, 1.200 en toda a provincia e 4.000 en toda Galiza".
Abraira indicou que "este programa naceu en Lugo por que o concello de Lugo, coas súas 54 parroquias é un exemplo perfecto da necesidade dun programa como preescolar na casa". A edil nacionalista lembrou que "este programa naceu en Lugo no ano 1977 e xa serve como modelo para o desenvolvemento educativo para outras rexións europeas con caracterÃsticas poboacionais e demográficas semellantes a Galiza". Para Abraira retomou as verbas da presidenta da Fundación Preescolar na Casa e dixo que "nestes tempos de crise temos que entender que a educación, os servizos educativos non son un gasto. Todo o contrario, son o mellor investimento que se pode facer de cara ao futuro".
O BNG pedirá que a Xunta manteña as axudas que ata o de agora permitiron a continuidade deste programa e que se repartÃan do seguinte xeito: Dirección Xeral de Benestar 41%; Ministerio de Sanidad, PolÃtica Social e Igualdad 28%; Dirección Xeral de Fomento de Emprego 16%; Dirección Xeral de PolÃtica Lingüistica 7%; Dirección Xeral de Innovación Educativa 6%; Dirección Xeral da Igualdade 1%; Concello de Lugo 1%.
O voceiro municipal do BNG, Antón Bao, dixo que "as institucións públicas deben de ser o garante do mantemento de todos os servicios de benestar social tal e como é preescolar que atende a familias, fundamentalmente, no ámbito do medio rural". Bao sinalou que "o ". Antón Bao dixo que "recollemos a inquedanza dos pais e nais que a través dun manifesto reclamaron dos gobernos e das forzas polÃticas o apoio para manter este programa educativo adaptado ás necesidades do noso paÃs e que xa acadou proxección e prestixio internacional". Antón Bao sinalou tamén que "onde o BNG tivo e ten responsabilidades de goberno apoiará proxectos e realidades como Preescolar na Casa". Bao lembrou que tanto o concello como a deputación de Lugo contribuen ao mantemento desta fundación a pesar de ser de ámbito galego. Bao sinalou tamén que "ademais da importancia do mantemento desta estrutura como un proxecto educativo e de apoio ás familias tamén estamos a falar da posible desaparición dos 43 postos de traballo que na actualidade mantén a fundación". Bao dixo que "non eran tolerables os recortes que a xunta está facer coas súas polÃticas de destrución do benestar social que está a facer o PP dende que chegou ao goberno da xunta como sucedeu coa desaparición das axudas destinadas aos proxectos de igualdade que lle foron retiradas ao propio concello de Lugo".
Desaparición de Deputacións e Ministerios
En resposta a preguntas dos xornalistas, e en relación ás repostas do candidato á presidencia do goberno do estado, o voceiro e responsable comarcal do BNG, Antón Bao, dixo que "para o BNG é unha satisfacción que os dirixentes de outras forzas polÃticas entren en razón e defendan o que o BNG ven defendendo historicamente". Bao dixo que "as deputacións son uns entes obsoletos nas configuración administrativa de Galiza dende a súa instauración" e engadiu que "hoxe en dÃa son totalmente prescindibles e o BNG manten que se debe ir cara a súa desaparición e non cara a súa transformación". Bao pediu que "se tomen decisión polÃticas valente e que esto non se quede nun debate meramente pre-eleitoral". Antón Bao exemplificou o caso de Lugo "se se repartÃsen os 100 millóns que ten de orzamento a Deputación de Lugo entre os concellos da provincia as súas contas serÃan ben distintas".
O voceiro do BNG, Antón Bao, engadiu que "se realmente se cree que hai que adelgazar as estruturas administrativas, hai que eliminar ministerios que están completamente obsoletos xa que non teñen competencias como o de sanidade, cultura, educación, etc...". Para Antón Bao "a eliminación destes ministerios suporÃa un importante adelgazamento do aparato do estado e chegariase a unha estrutura administrativa máis racional xa que as súas competencias están transferidas ás comunidades autónomas".
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.