Noticias

O Sergas pon en marcha un programa de intensificación asistencial en 2023 para reducir os tempos de espera de cirurxías, consultas e probas diagnósticas

O presidente da Xunta resaltou hoxe que a Consellería de Sanidade vai poñer en marcha este ano un programa de intensificación da actividade asistencial con diferentes medidas para axilizar as intervencións cirúrxicas, as probas diagnósticas e as consultas co obxectivo de reducir as listas de espera 'a niveis mellores dos que había antes da pandemia'. 'É un plan ambicioso co que se vai dar solución ás demandas dos galegos e galegas' no eido sanitario, destacou.

Rueda lembrou que no 2019 Galicia acadou os tempos de espera “máis baixos da súa historia” -cunha demora media de 41,5 días para unha primeira consulta e 54 para unha operación- e recoñeceu que a páralise da actividade non urxente pola pandemia “empeorou estes datos”. Por iso, o Sergas vai incrementar a actividade extraordinaria co obxectivo de “non só chegar a eses datos senón melloralos”. “A previsión é reducir nun 23% a espera media para consultas e nun 26% para unha operación”, resaltou.

O novo programa de intensificación da actividade asistencial e para reducir os tempos de espera -presentado hoxe no Consello- levarase a cabo como actividade extraordinaria ao longo do ano 2023, a través de liñas específicas que abordan diversos ámbitos. A atención integral á cronicidade, a innovación das modalidades cirúrxicas, o impulso da oitava área sanitaria e o fomento dos programas dirixidos á muller, á infancia, á adolescencia e ás persoas maiores integran, xunto coa autoconcertación tradicional, as liñas de actuación deste plan.

Pacientes crónicos: máis de 85.000 consultas de atención primaria e 13.000 consultas adicionais en hospitais

A atención integral á cronicidade será unha das prioridades do programa, tanto no ámbito da atención primaria como na atención hospitalaria. En atención primaria, citaránse de forma proactiva a pacientes con patoloxías crónicas e/ou pluripatolóxicos que non fosen revisados nos últimos 6 meses.

Programaranse máis de 85.000 consultas a un total de 42.828 pacientes aos cales, segundo o protocolo previsto no programa, a enfermaría realizará unha primeira consulta, que inclúe unha exploración e as probas diagnósticas establecidas -electrocardiograma, analítica ou retinografía- . A continuación, realizarase a consulta médica e programarase unha nova cita de seguimento, coa periodicidade que proceda.

Ademáis, no ámbito da atención integral á cronicidade na atención primaria está prevista a realización de 5.266 técnicas diagnósticas de cirurxía menor por parte dos facultativos de atención primaria -cirurxías menores, informes de retinografías, ecografías ou espirometrías-.

Cando a actividade de seguimento dos pacientes crónicos precise dunha consulta no ámbito hospitalario, a liña de acción inclúe a revisión, por parte dos servizos de Medicina Interna e/ou Xeriatría, das consultas pendentes nas diferentes especialidades hospitalarias para coordinar, unificar e dirixir ao paciente ao servizo máis adecuado á súa patoloxía. Calcúlase que se procesarán 13.104 consultas adicionais por parte dos servizos de Medicina Interna e/ou Xeriatria en Galicia.

Oitava área sanitaria: 120.000 informes adicionais de probas diagnósticas

A Central de Imaxe Médica (Cimed) é unha ferramenta de alta tecnoloxía que facilitará e axilizará os resultados das probas diagnósticas solicitadas polos profesionais de atención primaria e hospitalaria. A súa organización potenciarase a través de oitava area sanitaria. 

Coa implantación de Cimed prevese a realización de 120.000 informes adicionais de probas diagnósticas.

Esta liña de actuación prevé a habilitación de vías de consultoría de informes de probas diagnósticas co apoio dos servizos hospitalarios coas que se conseguerá maior axilidade.

Máis de 4.000 intervencións adicionais nos hospitais comarcais

O programa de intensificación da actividade asistencial traballará tamén no eido da innovación das modalidades cirúrxicas co obxectivo de que o tempo medio de espera para unha intervención non supere os 55 días. Para iso, poranse en marcha programas e medidas innovadoras.

Así, as áreas cirúrxicas dos hospitais comarcais poranse en xornada extraordinaria, á disposición de calquera profesional da área sanitaria. Estes hospitais contan cunha estrutura axeitada para realizar cirurxía fast track. A aplicación de cirurxía mínimamente invasiva, xunto ás novas técnicas anestésicas e de asistencia postoperatoria, reducen o estrés, a dor e o risco cirúrxico e potencian a pronta recuperación do paciente. Os equipos cirúrxucos poderán estar formados por profesionais de hospitais comarcais ou de referencia. Calcúlase a realización dun total de 4.250 cirurxías adicionais nas áreas dos hospitais comarcais en xornada extraordinaria.

Tamén, para reducir os tempos de espera nas intervencións cirúrxicas, prevese a mobilización dos recursos cirúrxicos dispoñibles, de xeito que os hospitais da sanidade pública con dispoñibilidade para realizar determinadas intervencións e que cumpran con certos requisitos, poderán participar en programas de actividade cirúrxica en xornada extraordinaria dirixida a pacientes en lista de espera noutros centros hospitalarios. As especialidades nas que se realizará este apoio serán oftalmoloxía no hospital público de Pontevedra, cirurxía torácica e cardíaca no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e cirurxía pediátrica no hospital da Coruña.

Deste xeito, o hospital de referencia ofrecerá ao paciente a posibilidade de ser intervido noutro centro hospitalario do Sergas en menos de 2 meses. No caso de que o paciente non acepte a intervención, este continuará en situación de espera estrutural, coa mesma antigüidade e prioridade. A través desta modalidade realizaranse ata 300 cirurxías adicionais.

Preto de 600 cirurxías e máis de 6.000 consultas para os nosos maiores de 90 anos

Outra liña de traballo do programa de intensificación da actividade asistencial será o fomento dos programas dirixidos á muller, á infancia, á adolescencia e ás persoas maiores de 90 anos.

Neste sentido, deseñarase un programa específico para a intervención cirúrxica en menos de dous meses ás persoas de máis de 90 anos. A previsión é a realización de preto de 600 cirurxías aos nosos maiores, e máis de 6.000 consultas adicionais.

Así mesmo, porase en marcha unha vía preferente para realizar probas diagnósticas non urxentes -resonancia magnética ou ecografías- a nenos e nenas de entre 0 e 14 anos, garantindo un tempo máximo de espera de 2 meses e cunha actividade prevista de 2.126 probas.

Tamén, prevese un programa específico para saúde mental da poboación infanto-xuvenil, cun total de 4.118 consultas.

A estas liñas de acción hai que engadir o desenvolvemento dos programas tradicionais de autoconcertación hospitalaria para realizar a actividade extraordinaria en consultas, probas diagnósticas e cirurxía, que este ano 2023 prevén a realización de 20.665 cirurxías, 124.185 consultas e 54.440 probas diagnósticas.

Acadar os tempos medios de espera de 2019

Este programa de intensificación da actividade asistencial concibe o Servizo Galego de Saúde como un hospital único, optimizando a capacidade dos quirófanos dos hospitais comarcais e acelerando a través deles as intervencións de pacientes doutros centros.

Galicia estivo ocupando ata os últimos datos oficiais un dos mellores postos -o terceiro na lista de CCAA- con menos tempo de espera sanitaria. Non obstante, a Xunta quere intensificar a actividade e chegar aos nivéis de finais de 2019, cando se rexistrou a cifra máis baixa de toda a serie histórica de Galicia, con 54,5 días de tempo de espera media.

r., 2023-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Íñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón. La misión forma parte del Foro Empresarial Internacional Galicia–Asia (FEIGA) 2026, organizado por Prorural y AACCDI, con la colaboración del Campus Terra y la Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
Álvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES