
Nunca agradeceremos dabondo en Galicia esta aposta decidida, enxalzou o presidente da Xunta, quen cualificou a decisión do Goberno luso de apostar pola conexión da alta velocidade cara ao norte como a máis intelixente, xa que argumentou que beneficiará non só a moitísimos portugueses, senón a toda Galicia e a todo noroeste de España, que está moi necesitada desta aposta estratéxica, da que puxo en valor o que suporá tanto en tráfico de mercadorías, como no fluxo inmenso de persoas entre ambos territorios.
Ante a concreción de prazos e investimentos do Goberno luso de cara a conexión de alta velocidade entre Porto e Vigo, Rueda reclamou que agora lle toca xa estar á altura ao Goberno de España. Por iso, avanzou que a Xunta lle exixirá ao Executivo central que no vindeiro Cumio ibérico -que se vai celebrar este mes- amose un compromiso similar por esta infraestrutura. Portugal comprometeuse e por tanto España ten que espelirse, advertiu, ao tempo que se amosou convencido de que seguro vai ser así.
163 M para 85 proxectos na Eurorrexión
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta puxo en valor a estreita colaboración entre Galicia e o norte de Portugal ao longo dos últimos doce anos, o que permitiu, segundo debullou, captar 163 millóns de euros de investimento na Eurorrexión para a posta en marcha de 85 proxectos.
Tamén enxalzou o novo Programa operativo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) sobre o que adiantou que incrementará a súa dotación nun 11%, o que supón que contaremos cun 11% máis de oportunidades para aproveitalos, concluíu para finalizar a súa intervención.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.