
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, elixiu a foto da fusión das caixas como a imaxe do ano e pediu a 2011 máis colaboración institucional por parte do Goberno central.
Trala reunión do comité de dirección do partido, o dirixente popular indicou que o principal tema abordado foi o balance dun ano 2010 que deixa grandes alegrÃas pero tamén decepcións.
No que atinxe ao positivo de 2010, Rueda fixo especial fincapé en que Galicia é hoxe un territorio máis forte que hai 12 meses desde o punto de vista financeiro ao conseguir salvagardar a solvencia das entidades de crédito galegas. Neste sentido, considerou que a foto da confirmación da fusión das caixas é a imaxe do ano polo seu simbolismo e polo que conleva.
O MELLOR DE 2010
Do mesmo xeito, o secretario xeral do PPdeG tamén destacou os logros conseguidos en materia territorial, coas directrices do territorio aprobadas e co Plan de Ordenación do Litoral a piques de aprobarse. Ademais, o Goberno galego está traballando na configuración dunha nova estrutura supramunicipal como son as áreas metropolitanas.
No relativo ao ámbito industrial, Rueda destacou a resolución do concurso eólico, que recuperará o liderado que Galicia nunca debeu perder neste sector, e no que atinxe á área sanitaria, fixo fincapé en que estamos ante a lexislatura dos hospitais. Con respecto a isto, lembrou que desde que empezou o ano púxose en servizo o novo hospital de Lugo, licitouse o de Vigo e que hoxe mesmo se presentaba o proxecto dun terceiro en Pontevedra.
Para o dirixente popular, Galicia tamén é máis forte desde o punto de vista lexislativo, posto que o Parlamento deu luz verde a un total de 12 novas lei, desde o punto de vista das liberdades, cun decreto do plurilingüismo que mudou imposición por consenso, e desde o punto de vista laboral, porque se están a moderar as subidas na taxa de paro e os diferenciais co resto de España son positivos.
O PEOR DE 2010
Por outra banda, para o dirixente popular, é decepcionante que as medidas da Xunta en ocasións non sirvan para axudar aos galegos a vivir mellor, senón para frear os golpes infrinxidos por Zapatero e que empeoran as súas condicións de vida.
Outra decepción máis deste 2010 foi o prácticamente nulo apoio que recibiu o Ano Santo por parte da Moncloa, o feito sen precedentes de que por primeira vez un presidente do Goberno central se negase a visitar Galicia no Xacobeo e o de trasladar a fóra de Galicia o peche do Ano Santo.
Asà mesmo, Rueda sinalou como outra decepción máis o feito de que o Goberno central reclamase a Galicia 2.600 millóns de euros que eles mesmos orzamentaron de forma irresponsable.
Do mesmo xeito, considerou inadmisible que a Presidencia Española da UE non servise para promocionar Galicia o máis mÃnimo porque os ministros españois, incluÃdos os galegos, preferÃan celebrar reunións en Comunidades da órbita socialista.
Polo tanto, pechamos un ano no que os galegos contan cunha Xunta que fixo de Galicia un territorio máis forte en moitos ámbitos pero padecen as inxustizas dun Goberno central que sobe impostos, baixa soldos, conxela pensións, esixe pagos irrealizables a Galicia e despreza o territorio que foi epicentro internacional, cultural e social durante 2010 para todo o mundo menos para Zapatero.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.