Notas de prensa

O Concello de Palas de Rei programa un Parque Biosaudable no Paseo Fluvial

O Paseo Fluvial de Río Roxán constiue unha zona moi transitada polos veciños de Palas de Rei, dada a súa riqueza paisaxística, que empregan os momentos de ocio e tempo libre para facer sendeirismo por este entorno natural as beiras do río.

O Concello de Palas acondiciona a cuberta do Pavellón Polideportivo Local. O tellado sufrirá diversos deterioros a causa dos fortes ventos rexistrados tanto na noite do 23 ao 24 de xaneiro con motivo do furacan Klaus como dos fortes ventos rexistrados neste mes de novembro con rachas de ata 100 Kilómetros hora. En consecuencia, dende o Concello de Palas de Rei, dentro das obras de actuación e mellora deste Inmoble Municipal, nesta semana procederase a dar un Proxectado a cuberta do Pavellon Local coa finalidade de eliminar as goteiras existentes. O orzamento destas melloras é de 5.000 €uros.

O Concello Palense tamén pretende instalar un Parque Biosaludable no paseo fluvial do Rio Roxán. Dito paseo constiue unha zona moi transitada polos veciños de Palas de Rei, dada a súa riqueza paisaxística, aprobeitan os momentos de ocio e tempo libre para facer sendeirismo por este entorno natural as beiras do Rio Róxan. En breve os operarios Municipais procederán a instalar novas papeleiras e repoñer a balla protectora en varios puntos do Paseo Fluvial. Estas actuacións no Paseo Fluvial supoñen un orzamento de 11.500 €uros.

O Concello de Palas de Rei tamén rematou, nos últimos días, as obras de instalación dun parque biosaludable na Rúa do Muiño, nas inmediacións do Local Multiusos de Palas de Rei que actualmente acolle o Centro de Día e o Local da Asociación de Xuvilados e Pensionistas de Palas de Rei. Está Asociación que conta actualmente aproximadamente con 430 socios/as que van polas tardes desenvolver diversas actividades o Local Social como xogar as cartas, bailar, etc. Ahora con este novo Parque Biosaludable ofreceselle a posibilidade de complementar a súa actividades díarias coa realización de diversos exercicios de musculación nas diversas máquinas coas que conta dito Parque. Compre lembrar, tamén, que o Monitor Deportivo Municipal ten previstio desenvolver o Programa Estilo de Vida Saudable para a Terceira idade de Palas de Rei nas Instalacións deste Parque Biosaludable facendo uso dos seus recen instalados equipos de musculación. Tamén en breve o Centro de Día de Palas contará con un Programa de Fisioterapia que fará uso das instalacións do Parque Biosaludable da Rúa do Muiño.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei, 2009-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES