Notas de prensa

Galicia, á cabeza da modernización do sistema de información xudicial

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destaca que Galicia é das primeiras comunidades que ten amosado “de maneira explícita” o seu interese neste proceso de informatización.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, manifestou a dispoñibilidade “absoluta” da Xunta de Galicia a colaborar “de maneira activa” co Ministerio de Xustiza para “estar á cabeza” no proceso de modernización dos sistemas de información xudiciais. Así o asegurou esta tarde, despois de asistir á reunión para a constitución da Comisión de Seguimento do Convenio EJIS (Esquema Judicial de Interoperabilidad y Seguridad), subscrito entre o Ministerio de Xustiza, o CGPJ e a Fiscalía General do Estado.

Segundo explicou, nesta xuntanza déronse cita os responsables das institucións implicadas e das seis comunidades autónomas que, ata o de agora, teñen manifestado “de maneira explícita” o seu interese en adherirse a este convenio; un acordo que establece a colaboración entre as diferentes administracións co fin de optimizar e aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial. Para iso, esta comisión constituída hoxe encargarase de planificar as actuacións que se acometerán nun futuro.

Galicia entre as seis primeiras en sumarse ao proxecto

Galicia está, polo tanto, entre as seis primeiras comunidades que se suman a este acordo, que persegue “fixar” un traballo conxunto entre as diferentes administracións implicadas para traballar no ámbito da interoperabilidade e a interconexión dos sistemas de información xudiciais, abondou.

Trátase, esgrimiu, de dous obxectivos que contan “co absoluto consenso” das administracións implicadas nesta iniciativa, que consideran a interoperabilidade e a interconexión dos sistemas de información “un elemento fundamental e imprescindible” para poder avanzar no expediente xudicial electrónico e para todo o que ten que ver coa modernización e a axilidade dos procedementos xudiciais.

Vincular os plans de traballo a plans de financiamento

Consonte sinalou a secretaria de Modernización e Innovación da Xunta, tanto a Comisión de Seguimento como a Comisión Executiva teñen que fixar agora os plans de traballo concretos e vinculalos a plans de financiamento. Neste sentido, Pereira resaltou a necesidade de que o Ministerio “acompañe estas medidas do financiamento adecuado” para que realmente os obxectivos do proxecto se poidan realizar “de maneira rápida e áxil”.

Así mesmo, e acerca da aportación de Galicia a este proceso de modernización da Xustiza, indicou que a nosa comunidade conta cun Plan de sistemas no que se vai empezar a traballar agora, en outubro, que é a continuidade do Plan de medidas urxentes que se aprobou no Consello da Xunta en xullo. Un programa que, dalgunha maneira, considerou, “vai debuxar cal é o noso escenario” de sistemas de información para acompañar o proceso de modernización da xustiza galega e no que, por suposto, figuran os compromisos de interoperabilidade e interconexión.

Incorporar á Xustiza o máximo aproveitamento das tecnoloxías

A comisión constituída hoxe para o seguimento deste acordo persegue que a interoperabilidade e a seguridade que se buscan contribúan a mellorar a eficiencia dos servizos públicos de atención ao cidadán e o propio funcionamento interno da Administración. Tamén evita a duplicidade de esforzos, o que permite que as administracións competentes poidan cooperar na resolución dos procedementos, ao tempo que colaboran en dotarse dos mellores medios para iso.

A finalidade do convenio obxecto desta comisión, resumiu, é facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade, empregando as plataformas tecnolóxicas e as aplicacións informáticas precisas.

A intención é aunar esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de interoperar os distintos sistemas informáticos existentes con todas as garantías de seguridade e tendo en conta os medios técnicos existentes para facilitar a interconexión entre eles.

As institucións e comunidades autónomas que colaboran neste proxecto, son sabedoras de que a Administración de Xustiza non pode quedar ao marxe deste proceso de modernización e debe seguir o camiño iniciado noutros ámbitos da Administración se quere prestar un servizo público eficaz, eficiente e de calidade; non só ao cidadán, senón a todo o persoal da Administración xudicial. E todo iso, sen deixar ao marxe as medidas de seguridade oportunas que garantan o seu correcto funcionamento.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES