Noticias

Rueda pide ao Goberno central concreción e obxectividade para converter o Perte do naval nunha oportunidade para un sector clave para Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu hoxe ao Goberno central concreción e obxectividade para converter o Perte do naval nunha oportunidade para un sector 'clave para Galicia e que ten moito que achegar'. 'Así llo trasladarei ao presidente do Goberno', aseverou, incidindo en que os estaleiros galegos son competitivos, saben captar investimentos e apostan pola internacionalización. Durante a xornada de clausura de Navalia no Ifevi, Rueda reiterou o compromiso da Xunta con esta industria, reflectido no impulso da nova Estratexia Naval 2022-2026, elaborada en colaboración co sector, co fin de potenciar o seu crecemento e a súa diversificación, a través da transformación dixital, a sustentabilidade e a formación.

Ao longo do acto, o titular da Xunta constatou o éxito de Navalia que, con 20.000 visitantes tras a pandemia, confirma que segue a ser unha das mellores feiras do sur de Europa, ademais de reflectir a competitividade desta industria.

"Galicia non se pode entender sen o naval e sen a calidade dos seus estaleiros", concluíu, recordando que o naval galego supón o 3,5 % do PIB da Comunidade, unha facturación de máis de 2.000 millóns de euros e xera máis de 13.000 empregos directos.

R., 2022-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES