Noticias

Galicia acolle unha reunión do Comité Europeo das Rexións para debatir sobre a seguridade alimentaria no contexto da guerra en Ucraína

Inaugurouse a terceira reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), que se celebra en Santiago de Compostela. Esta é a segunda vez que Galicia acolle unha reunión externa deste órgano comunitario, que nesta ocasión reúne a máis de 70 representantes locais e rexionais, entre os que se atopan os presidentes doutras rexións europeas como A Puglia (Italia), Kuyavia-Pomerania (Polonia) ou Bretaña (Francia).

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou hoxe a terceira reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), que nesta ocasión se celebra de forma excepcional en Santiago de Compostela. Esta é a segunda vez que Galicia acolle unha reunión externa deste órgano comunitario.

Como anfitrión da reunión, Jesús Gamallo deu a benvida aos máis de 70 representantes locais e rexionais presentes, entre os que se atopan os presidentes doutras rexións europeas como A Puglia (Italia), Kuyavia-Pomerania (Polonia) ou Bretaña (Francia). Gamallo animou aos asistentes a coñecer Galicia neste Xacobeo 21-22 e a descubrir in situ o modelo de turismo desenvolto en torno ao Camiño de Santiago e que será obxecto mañá dunha conferencia específica.

A comisión NAT centrou o seu traballo na preparación dun ditame de opinión sobre a actual revisión do sistema de indicacións xeográficas protexidas e de dous ditames de propia iniciativa sobre como lograr unha agricultura con baixas emisións de carbono e sobre como garantir a seguridade alimentaria e reforzar a resiliencia do sistema alimentario da UE. Estes ditames representarán a opinión das rexións e municipios europeos no debate actual derivado do conflito en Ucraína e o seu impacto no mercado agroalimentario.

O director xeral expresou que “Galicia quere renovar con esta importante reunión do Comité Europeo das Rexions fóra da sua sede habitual de Bruxelas, o seu compromiso cunha Europa forte, que sexa quen ofreza resposta aos retos derivados da crise pospandemia, das consecuencias da guerra en Ucraína ou do cambio climático”. Asimesmo, sinalou que “estamos perfectamente alineados coas grandes prioridades definidas pola Comisión Europea en favor dunha transición verde, xusta, da dixitalizacion e do cambio demográfico “.

O Comité Europeo das Rexións (CdR) e a Comisión de Recursos Naturais (NAT)

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A través deste órgano, as rexións e cidades participan formalmente na elaboración da lexislación da UE, garantindo o respecto da posición e as necesidades dos entes rexionais e locais. Está formado por 329 membros dos 27 Estados Membros. Galicia ten liderado 11 ditames dentro desta asemblea.

NAT é unha das seis comisións temáticas do CdR. En concreto, encárgase de temas como a Política Agrícola Común (PAC), o desenvolvemento rural, a silvicultura, a produción alimentaria, a política pesqueira común ou a política de asuntos marítimos, entre outras atribucións, dentro do Comité Europeo das Rexións (CdR).

R., 2022-06-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES