Notas de prensa

Acondicionamento dun local social como centro de rehabilitación e ximnasio

O Concello de Palas de Rei acondiciona un local social no Edificio Multiusos como centro de rehabilitación e ximnasio. O local ocupará tres salas destinadas a diversas actividades e accións terapéuticas.

O Concello de Palas de Rei está acondicionando un local duns 350 metros cadrados, propiedade municipal, no Edificio Multiusos para acondiciónalo como Centro de Rehabilitación e Ximnasio. O Local que ocupará tres salas; unha delas adicada a rehabilitación, outra a exercicios cardiovasculares, e a última, duns 90 metros cadrados, será unha sala polivalente donde se ubicarán as diferentes actividades deportivas que organiza o Concello como fitness, yoga, ximnasia de matemento e da terceira idade, batuca,… .

Hoxe o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, visitou as obras que se están realizando e aprobeitou para falar cos técnicos destas. Este Centro de Rehabilitación e Ximnasio está previsto que estea en funcionamento no último trimestre deste ano. A inversión rondará os 120.000€uros e está encadrado dentro do Fondo Estatal de Inversión Local.

Según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, O Concello recibiu unha subvención para acondicionar o entorno do futuro cuartel da Garda Civil e do Edificio Multiusos por importe de 32.000 €uros. Esta aportación da Consellería de Presidencia permitirá a construcción dun parque biosaludable nas inmediacións do Centro Social donde están ubicados o Centro de Día, así como o Edificio Social da Terceira Idade e da Asociación de Xubilados de Palas. Con esta actuación o Concello pretende aportar unha nova alternativa de occio e saude o colectivo da terceira idade e a xuventude deste Concello.

O parque Biosaludable contará con novos elementos donde se podrán exercitar tódolos grupos musculares do corpo humán e terá acceso directo as instalación do Edificio Multiusos. O mesmo tempo o Concello aprobeitará para acondicionar o entorno da Rúa do Muiño donde se está mellorando o firme de tódalas vías anexas así como a calidade do suministro eléctrico na zona de Lalín e na Rúa do Muiño. O proxecto contempla asimismo a dotación dun novo alumeado de aforro enerxético en toda a zona da Rúa do Muiño e da estrada de Lalín.

Cultura. No eido cultural, compre lembrar que este fin de semana as parroquias do Concello de Palas: de Lestedo e Santiago de Mosteiro celebrán as súas festas na honra o Santiago Apostolo coa colaboración do Concello de Palas de Rei. En Lestedo abrá misa solemne a 13:00 horas(os dous días) sesión vermouth e verbena a cargo da orquesta Galáctica o primeiro día, mentres que o domingo actuará a orquesta Ilusión. Polo que respeta a parroquia de Santiago de Mosteiro a misa será as 13:30(os dous días) e o primeiro día actuará o Trio Ouro, mentres que o domingo o farán os grupos Capricornio e Ebano.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei, 2009-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES