
Ademais, logo de amosar a súa preocupación pola agudización do incremento dos prezos, cunha inflación que se sitúa neste mes de marzo no 9,8%, a máis elevada desde 1985, Feijóo fixo unha primeira valoración do plan de continxencia aprobado esta semana polo Goberno central.
Foi publicado no BOE sen diálogo previo e que non inclúe cuestións que foron pactadas coas Comunidades Autónomas, salientou, ao tempo que lamentou cuestións como que dos 16.000 M incluídos na proposta só pouco máis dun terzo sexan axudas, a falta de concreción nas iniciativas enerxéticas, ou a ausencia de medidas para conter o gasto burocrático e das comprometidas e necesarias rebaixas fiscais.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.