Notas de prensa

O PPdeG celebrará en setembro unha gran festa para a militancia en Silleda

Os populares reuniranse para festexar os éxitos electorais colleitados en autonómicas e europeas, pero tamén para reactivar o partido de cara ao novo ciclo político 2009-2010.

O Partido Popular de Galicia celebrará en setembro unha gran festa da militancia en Silleda, á que acudirán máis de 15.000 persoas. O encontro, que será o máis numeroso dos celebrados polo PPdeG desde o Congreso no que Alberto Núñez Feijóo se alzou coa Presidencia do partido en xaneiro de 2006, será unha mostra de forza dunha formación que pretende estar tan activa apoiando ao Goberno como o estivo na oposición.

Os populares protagonizarán un encontro multitudinario que servirá para celebrar de forma conxunta os éxitos colleitados nas eleccións autonómicas e europeas celebradas neste 2009. As primeiras devolveron ao PPdeG a Presidencia da Xunta, e as segundas permitiron ao partido alcanzar unha histórica porcentaxe de voto, superior ao 50%, que significou que máis da metade dos electores galegos apoiasen ao Partido Popular de Galicia.

A cita permitirá ao PPdeG entrar con forza no novo ciclo político que se estrea en setembro, e no que o partido afronta o reto de permanecer tan activo sendo a forza que sustenta a acción de Goberno en Galicia como o estivo cando exerceu de oposición na Comunidade. O reto é o mesmo: ser a voz da rúa. Con todo, a ese obxectivo únese agora o de ser os ollos e os oídos da Xunta a pé de beirarrúa, de canalizar as sensacións da rúa e manter ao Goberno unido aos cidadáns.

Ese labor, clave, vénse realizando de forma continua desde o día 1 de marzo en que gañamos as eleccións e desde o 20 de abril en que empezamos a gobernar. Con todo, actos como o que terá lugar en setembro en Silleda reforzarán aínda máis as ganas dos militantes e simpatizantes populares de seguir traballando duro por Galicia dende as filas do partido maioritario.

O PPdeG sacará músculo celebrando un acto dunhas dimensións ás que non podería aspirar ningunha outra forza en Galicia. Os populares cren que actos como estes permiten ao partido seguir mobilizado para empezar a gañar desde xa as eleccións municipais de 2011. O PPdeG, activado, é unha poderosa maquina de colleitar vitorias e o acto de Silleda amosará que o partido está activo e que os nosos rivais políticos terán moi difícil superarnos, aínda coas súas habituais alianzas.

A cita será moito máis que un mitin político; será unha celebración na que os discursos compartirán espazo con actuacións musicais e espectáculos de diversa índole: un acto moderno para un partido moderno formado por unha nova xeración de políticos que é na que os cidadáns depositaron a súa confianza para rexer os destinos de Galicia.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2009-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES