Notas de prensa

Raquel Arias recibiu á tenente de alcalde de Cultura, Patrimonio e Ensino de Tarragona

Preténdese a colaboración institucional entre Tarragona e Lugo para potenciar o seu común pasado romano.

A Delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, acompañada do Xefe Territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina, recibiu a ROSA M. ROSSELL I RIGAU, Tenente de Alcalde-Coordinadora da Área de Cultura, Patrimonio e Ensino de Tarragona. Á recepción acudíu tamén o empresario lucense Wenceslao Lamas, que desde hai tempo ven traballando no fomento das relacións institucionais entre Tarragona e Lugo.

A Tenente de Alcalde visitou Lugo acompañada da arqueóloga do concello, para establecer vencellos con institucións lucenses e avanzar nas relacións que permitan chegar a irmandar ás dúas cidades, abogando pola colaboración das diversas institucións e o Ministerio de Cultura para potenciar a relación entre as dúas cidades pola súa común orixe romana.

Previamente a política catalana entrevistouse co Arquitecto director do Plan da Muralla de Lugo, Ignacio López de Rego Uriarte, co que intercambiou impresións sobre os procesos seguidos en Tarragona e Lugo para a protección das murallas romanas das dúas cidades.

Nesta primeira visita oficial a Lugo – que inluíu tamén entrevistas co Alcalde da cidade e o Bispo da Diocese – Rosa M. Rossell demostrou especial interese nos aspectos de patrimonio e restauración monumental, temas nos que o Concello de Tarragona se ten implicado decididamente, invitando ás autoridades lucenses a visitar a cidade en todo momento e de xeito especial nas celebracións relacionadas co seu pasado romano.

A Delegada Territorial da Xunta agasallou á política catalana cunha figura de Sargadelos, e esta entregoulle dúas publicacións editadas polo concello de Tarragona relativas á cidade e á súa Semana Santa.

Gabinete da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, 2009-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES