Notas de prensa

A Eurorrexión consensúa en Ferrol a estratexia común de transporte dos próximos anos

O alcalde Vicente Irisarri destaca que as medidas a aplicar fomentarán a cohesión territorial en beneficio da competitividade. Representantes de 23 cidades de Galicia e do Norte de Portugal celebraron no pazo municipal este foro de debate.

O alcalde, Vicente Irisarri, compareceu ante os medios xunto ao secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o presidente da Comisión Executiva en materia de Planificación e Transportes, Román Rodríguez, para dar conta da xuntanza deste foro de debate en materia de transportes que durante toda a mañá se celebrou en Ferrol para presentar aos representantes municipais das 34 cidades de Galicia e Portugal que integran o Eixo o Plan Extratéxico na materia. Un documento que, tras ser aprobado hoxe, pasará a ser discutido coa Xunta de Galicia, o Goberno central e o Goberno portugués, de modo que poida aprobarse en Asamblea Xeral antes de rematar o ano. Un documento no que priman os conceptos conectividade, sostenibilidade e mobilidade fronte á infraestructura física. E un documento que plantea unha filosofía común para a Eurorrexión coa intención de que sexan as cidades as que a leven á practica, favorecendo a cohesión territorial e mellorando por tanto a competitividade. En todo caso, e no marco desta estratexia global, a elección da urbe naval como sede da segunda reunión da Comisión non foi casual. Vázquez Mao explicou os motivos, que xustificou na condición de Ferrol como referente en Galicia, en España e na Eurorrexión en materia de políticas de mobilidade. Un feito que o Eixo Atlántico quere recoñecer e situar como exemplo para as demáis cidades.

Nesta liña, Vicente Irisarri lembrou que é a terceira vez que Ferrol acolle unha reunión do Eixo Atlántico, un feito que a cidade agradece, e máis ao abordarse a temática do transporte, xa que hoxe en día ninguén concibe o desenvolvemento sen unha adecuada estratexia neste senso. Ao respecto, o alcalde de Ferrol repasou as infraestructuras de comunicacións que aínda quedan por conquerir ou rematar. E, ao fío, destacou o tren de alta velocidade entre Ferrol e Lisboa e o acceso ferroviario ao porto exterior. Este último, fundamental para elevar a dársena ao nivel que lle corresponde. Indicou que namentras hoxe Ferrol e a súa comarca están a reivindicar estas infraestructuras físicas, outras rexións do resto de Europa falan de mobilidade, conectividade e sostenibilidade. Conceptos todos eles presentes na cidade naval e que cobrarán a posición que lles corresponde coa implantación das medidas contempladas no programa que está a elaborar a Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona. Estudo que o alcalde confía en que esté rematado o próximo mes.

Ao respecto, Vázquez Mao destacou a calidade da Axencia, que dará soporte ao propio Eixo na súa intención de abrir un organismo deste tipo antes de acabar o ano, e asegurou que a estratexia que asumirá Ferrol porá á cidade como referente en toda España. Abundou na liña argumental expresada polo alcalde e asegurou que o gran desafío futuro é mellorar a competitividade. Especialmente, das zonas periféricas. E, neste campo, asegurou que as comunicacións xogan un papel clave.

Así, o secretario xeral do Eixo destacou a importancia da planificación en base aos conceptos de mobilidade, conectividade e sostenibilidade e explicou que as infraestructuras deben deseñarse por diante da demanda, cunha previsión da poboación encardinada no seu ámbito de influencia, e sobre un ámbito de desenvolvemento sostible. Nesa liña vai o plan que hoxe se sometía a debate. Un documento de referencia para os próximos anos elaborado por auténticas autoridades na materia como Fernando González Laxe ou Martín Fernández Prado. Un documento que, como indicou Vicente Irisarri, pretende articular políticas nas que gañe presenza o público fronte ao privado. E, máis concretamente, os servizos públicos de transporte, pero tamén nas que se priorice a conectividade entre espazos e diferentes modos de transporte.

Ao respecto, Román Rodríguez asegurou que se trata de pensar en conxunto e, máis graficamente, indicou que o plan se alonxa do plan de estradas para achegarse a unha verdadeira estratexia no eido das infraestructuras. Buscar a través delas a integración.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2009-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES