//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, pediu unha vez máis, no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, transparencia para coñecer cal é o criterio que seguiu o Ministerio á hora de distribuír os 3,4 millóns de doses extra de Pfizer, xa que en ningún momento se explicou. 'Que se elabore un documento que coñezan todas as CCAA para poder planificar e desenvolver a vacinación do xeito mais eficiente. Galicia é unha Comunidade solidaria, aceptamos, como non pode ser doutro xeito, un axuste, pero é necesaria transparencia'.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo na Conferencia de Presidentes Autonómicos un decálogo de acordos para afrontar desde a unidade o reto sanitario, o reto económico e o reto demográfico. Así, no tocante á covid-19, Feijóo pediu ao Executivo central establecer mecanismos para proporcionar certezas diante dunha pandemia que aínda non vencemos e, se ben, valorou o reforzo de vacinas en agosto, cualificouno de insuficiente xa que non se acadan os niveis de subministro de xuño.
A xuntanza do Real Padroado da cidade de Santiago de Compostela, presidida polo rei Felipe VI, serviu para presentar a Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032 'Camiño de Compostela 2032', no que se recolle un investimento global de 281,56 millóns de euros para o período 2021-2032. Trátase da primeira xuntanza que se celebra nos últimos 18 anos e que busca desenvolver un modelo transformador para a cidade.
Galicia e as demais comunidades autónomas da Cornixa Cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) analizarán polo miúdo a proposta de ecoesquemas que presentará o Goberno Central e realizarán as alegacións oportunas para defender os intereses dos nosos agricultores e gandeiros e para garantir que estas axudas ambientais contemplen as particularidades da España húmida. Así o acordaron esta mañá os representantes destas autonomías na reunión por videoconferencia co secretario general de Agricultura y Alimentación, Fernando Miranda, sobre Arquitectura Ambiental do Plan Estratéxico da PAC.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta vai solicitar unha xuntanza con Endesa na que participe o grupo de traballo por unha transición xusta nas Pontes que integran, ademais da Administración autonómica, o Concello, os sindicatos e representantes da industria auxiliar e dos transportistas, para concretar as alternativos que permitan manter a actividade e o emprego na central das Pontes.
Alberto Núñez Feijóo trasladou á Súa Santidade o Papa Francisco a invitación do pobo galego a que peregrine a Santiago de Compostela neste Ano Santo 21-22. 'Sería sen dúbida a mellor noticia que poderíamos recibir os galegos', abundou. Durante a audiencia, na que acompañou ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, Feijóo agradeceu ao pontífice o 'privilexio' de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que 'enche de esperanza a toda Galicia'.
O Inventario Forestal Continuo de Galicia ten como obxectivo establecer unha folla de ruta conxunta que permita, por unha banda, facer seguimento da cantidade e do estado das masas arboradas, e por outra, crear unha estratexia de apoio ás decisións en materia de política forestal mediante un sistema de monitoraxe forestal continuado. Así, este documento dará cumprimento a unha das recomendacións do Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais, que sinalaba que era necesario crear un sistema de información e estatística forestal da nosa comunidade.
A nova aceleradora é un paso máis neste proxecto de cooperación transfronteiriza que une á Xunta, coa Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Autoridade Portuaria de Vigo, así como a Associaçao dos Portos de Douro, Leixões e Viana do Castelo, a Associaçao Empresarial de Portugal e a Cãmara Municipal de Vilanova de Famalição. O obxectivo é apoiar novos proxectos de emprendemento a partir da tecnoloxía, xa que se necesitan proxectos e solucións innovadoras que contribúan a mellorar a eficiencia deste sector. Constará de tres fases: lanzamento, selección e desenvolvemento efectivo, cun itinerario de aceleración ou consolidación das iniciativas.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (Civex) do Comité Europeo das Rexións, na que se aprobaron varios ditames, como o referido ao futuro Plan de Acción para a Democracia Europea. Sobre este novo plan proposto pola Comisión Europea en decembro, o director xeral avogou porque contemple o establecemento de ferramentas concretas que reforcen o respecto ao Estado de Dereito en todos os países membros.
A Xunta vén de coñecer hoxe a sentenza do Tribunal Supremo que da a razón a Galicia na súa reclamación da mensualidade do IVE correspondente ao mes de decembro de 2017. A sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo recoñece o dereito a que Galicia sexa compensada pola mensualidade do IVE que non ingresou o Goberno central. O Executivo autonómico reclámalle 204 millóns de euros por este concepto. O Goberno galego acolle con satisfacción esta sentenza, que recoñece que unha vez máis Galicia tiña razón e que as galegas e galegos gañan porque recuperan uns cartos que aboaron todos os cidadáns, e que polo tanto son seus.
Os representantes de 23 cidades galegas e portuguesas debaten as estratexias en materia de transporte. O rexedor ferrolán subliñou o carácter estratéxico da Comisión Executiva do Eixo Atlántico.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiulle a Don Juan Carlos nun encontro na Zarzuela o afecto e lealdade do pobo galego e pediulle a súa colaboración de cara a celebración do Ano Santo 2010.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será recibido en audiencia polo Rei Juan Carlos no Palacio da Zarzuela. É o primeiro encontro do líder do PPdeG trala toma de posesión como titular do Executivo galego o pasado 18 de abril con varios actos en Compostela.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez reuniuse con representates dos constructores, patronal e colexios profesionais das áreas vinculadas ó urbanismo para tratar o proceso de redacción do novo Plan de Urbanismo.
A superficie afectada polos incendios forestais en Galiza durante o primeiro trimestre deste ano reduciuse nun 51,84% con respecto ao mesmo período dos exercicios 97, 98, 2000 e 2005, nos que se rexistraron índices semellantes de escaseza de precipitacións.
Ven de presentarse en Santiago a Rede Virtual do Patrimonio Artístico e Cultural dos centros e asociacións galegas máis importantes da diáspora galega, catálogo virtual que se pode consultar na web da Secretaría Xeral de Emigración (www.galiciaaberta.com). Alí os usuarios atoparán fotografías, vídeos e documentos de doce centros e asociacións de Brasil, Arxentina, Uruguai, Portugal e España.
Carmen Rodríguez Acosta incorpórase á delegación de Recursos Humanos. Antonio Rodríguez Penín será concelleiro de Limpeza, Servicios Xerais e Contratación, e Aurea Soto de Gobernación, Patrimonio e Urbanismo.
O secretario xeral de Relacións Exteriores pronunciou na Coruña un breve ante 11 cónsules honoríficos onde destaca o interese de Galicia por liderar o debate sobre o futuro da política rexional, a partir de 2013, co obxectivo de que os fondos europeos vaian baixando.
O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández, reuniuse en Barcelona coa viceconselleira de Asuntos Exteriores da Generalitat, Roser Clavell. Cataluña abriu no último ano catro delegacións: Londres, Berlín, París e Nova York.
Como Bispos da Igrexa que peregrina en Galicia, en cumprimento do noso deber de pastores, dirixímonos aos católicos e á opinión pública en xeral, co fin de recordar, neste momento das eleccións democráticas ao Parlamento Autonómico, algúns aspectos do Maxisterio da Igrexa sobre o home e a sociedade.