O alcalde, Vicente Irisarri, informou de que o mércores 6 de maio Ferrol se convertirá en sede central do Eixo Atlántico coa celebración da Comisión Executiva en materia de planeamento e transporte. Unha cita na que estará presente o secretario xeral da organización, Xoán Vázquez Mao, e á que se prevé acudan preto de corenta representantes municipais de 23 cidades de Galicia e de Portugal. Cúmprese deste xeito un compromiso contraÃdo polo propio Vázquez Mao co alcalde de Ferrol, no transcurso dunha reunión en Vigo celebrada meses atrás.
Asà as cousas, o rexedor ferrolán subliñou o carácter estratéxico da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, toda vez que vai xirar en torno ao sector do transporte. Esto é, permitirá avanzar nas liñas de colaboración e cooperación do Plan Estratéxico de Transporte da organización, tanto por estrada como por ferrocarril e tamén no eido marÃtimo. O obxectivo é a promoción dunha planificación integral do territorio, presentando alternativas de conectividade, especialmente nas zonas urbanas e periurbanas e nas zonas de baixa densidade do interior mediante a combinación de diferentes sistemas de transporte. Asemade, isto permitirá crear unha rede de transporte máis económica, eficaz e sostible que influirá de maneira directa na mellora da calidade de vida dos cidadáns desta rexión do Noroeste peninsular.
Asà mesmo, o alcalde de Ferrol tamén destacou a proxección turÃstica que pode traer consigo esta cita para a cidade naval e asegurou que no programa da mesma se incorporou un xantar no Centro Interpretativo de Cabo Prioriño que, emprazado no impresionante entorno que lle dá nome, permite aproximarse á historia de Ferrol a través da rehabilitada BaterÃa de Viñas e a BaterÃa Prioriño ou desfrutar das excelentes vistas deste paraxe.
Pero antes de percorrer o potencial turÃstico natural de Ferrol, a axenda da reunión arrancará coa chegada dos representantes municipais ao consistorio. Será ás 10.45 horas e, nese momento, terá lugar no salón de recepcións o recibimento oficial co saúdo do alcalde e dos voceiros dos grupos municipais. Un cuarto de hora despois se iniciará a Comisión Executiva nese mesmo espazo e cunha duración aproximada de dúas horas e media.
A relación de cidades asistentes é a seguinte:
Ferrol
Santiago de Compostela
Lugo
Ourense
Monforte de Lemos
VilagarcÃa de Arousa
O Barco de Valdeorras
VerÃn
LalÃn
Viveiro
Carballo
Sarria
Ribeira
Chaves
Viana do Castelo
Vila Nova de Gaia
Vila do Conde
Vila Nova de Famalicao
Barcelos
Matosinhos
Lamego
Penafiel
Macedo de Cavaleiros
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.