Notas de prensa

Nota dos bispos galegos ante as eleccións autonómicas do 1-M

Como Bispos da Igrexa que peregrina en Galicia, en cumprimento do noso deber de pastores, dirixímonos aos católicos e á opinión pública en xeral, co fin de recordar, neste momento das eleccións democráticas ao Parlamento Autonómico, algúns aspectos do Maxisterio da Igrexa sobre o home e a sociedade.

1. Elixir libremente aos nosos representantes políticos, emitindo o voto en conciencia, é unha das esixencias da dignidade humana e da nosa responsabilidade ante o próximo e ante o ben común.

2. A participación na acción política é parte tamén do compromiso do cristián no mundo. As opcións políticas dos católicos deben estar en harmonía cos valores do Evanxeo, sendo coherentes coa súa fe tanto ao elixir coma se son elixidos.
Isto significa en primeiro lugar recoñecer ao home a súa condición de fillo de Deus e, desde ela, comprometerse a construír unha sociedade fraterna e xusta, na que cada individuo e cada pobo han de atopar a liberdade e as condicións do seu desenvolvemento espiritual e material.

3. A participación electoral, en concreto, ha de partir do mellor coñecemento posible da xestión realizada polos nosos representantes políticos, tanto no goberno como na oposición, e dos programas políticos dos partidos que se presentan, co fin de valorar eticamente e moralmente a súa actuación e o seu proxecto sobre a persoa e a sociedade.

4. Consideramos algo fundamental que os políticos utilicen a palabra como vehículo da verdade, pois a mentira dana a vida común e a democracia, mentres o respecto pola verdade e o diálogo favorécea. Iso ha de terse en conta para valorar o sentido ético e a capacidade técnica dos candidatos, e para considerar que persoas e propostas poden responder máis adecuadamente aos problemas da nosa comunidade autónoma.

5. Desde esta perspectiva consideramos, entre outros, como criterios que poden axudar a discernir, os seguintes:
- defender a vida humana en toda circunstancia desde o momento da súa concepción ata a morte natural.
- promover medidas económicas e lexislativas, que sosteñan ás familias na xeración e educación dos fillos,
- pór toda dilixencia en fomentar unha real liberdade no compromiso educativo, que promova unha educación integral respectuosa da responsabilidade intransferible dos pais,
- ofrecer proxectos creativos que afronten os problemas da actual crise económica ata as súas máis fondas raíces morais, paliando as súas consecuencias negativas sobre todo naquelas persoas que sofren o paro,
- preocuparse polos grupos sociais máis débiles cunhas políticas que se fundamenten na xustiza, austeridade e solidariedade,
- non reducir a natureza a un mero instrumento a manipular e a explotar, e coidar o medio ambiente.

6. “Vivir en democracia non equivale a unha nivelación cultural e espiritual dos cidadáns no ocultamento ou na negación das súas propias conviccións de orde cultural, relixioso ou moral”. Por iso, a Igrexa, que mantén a súa identidade propia, baseada nos ensinos de Cristo, e que non se identifica con ningún partido político, “invita a todos os cristiáns á dobre tarefa de animar e renovar o mundo co espírito cristián, a fin de perfeccionar as estruturas e acomodalas mellor ás verdadeiras necesidades actuais” . Neste mesmo espírito, agradecendo aos nosos políticos a súa dedicación e entrega en favor dos demais, exhortamos a todos a exercer o dereito de votar e cumprir con esta obrigación da que só por razóns graves pode un sentirse dispensado.

Rogamos ao Señor coa intercesión de Santa María e do apóstolo Santiago, que as próximas eleccións contribúan ao ben común do noso pobo.

+ Julián, Arcebispo de Santiago
+ José, Bispo de Tui-Vigo
+ Luis, Bispo de Ourense
+ Manuel, Bispo de Mondoñedo-Ferrol
+ Alfonso, Bispo de Lugo

Gabinete de Comunicación del Arzobispado de Santiago de Compostela, 2009-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES