Actualidad de Política

Noticias politica

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta semana no terceiro pleno do ano do Comité Europeo das Rexións (CdR), celebrado de forma virtual dende o martes. Na sesión desta mañá, os máis de 300 representantes rexionais e locais debateron sobre as dificultades atopadas para a recuperación do sector turístico, hostalería e restauración. O comisario de Mercado Interior, Thierry Breton, explicou como este é o sector cun déficit de investimento máis elevado de entre os 14 ecosistemas definidos na Estratexia Industrial da UE.
O obxecto do convenio é contribuír a través de UNRWA España a paliar as consecuencias da actual pandemia de coronavirus no ámbito educativo na Franxa de Gaza, centrándose en contribuír a un programa de educación desenvolto pola entidade, que ten como obxectivo asegurar que os nenos e nenas refuxiadas de Palestina teñan garantido o acceso a unha educación primaria de calidade, aumentando a capacidade do sistema educativo para ofrecer servizos. O programa articúlase a través das 278 escolas que ten UNRWA en Gaza e a contribución galega irá destinada a cubrir salarios de docentes na escola elemental 'Beach' na Franxa de Gaza.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de “erro” o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central á Lei de saúde aprobada polo Parlamento galego. “Entendemos que é un erro, desde o punto de vista sanitario e político, porque o lóxico é falar antes de denunciar e non falar coa denuncia xa interposta”, aseverou, apelando ao diálogo para “avanzar nunha solución extraxudicial que devolva o vigor á lei para a xestión na Comunidade”.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao autogoberno galego como a historia dun éxito da España das Autonomías cuxo protagonismo corresponde ao conxunto da sociedade galega. Durante a clausura da xornada conmemorativa do 40 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, Feijóo salientou que fronte a ese modelo estable, no que a unidade dos galegos é un principio sagrado –“e a ruptura social o peor dos pecados que pode cometer un gobernante”-, existe outro que leva a unha crise crónica na que resulta difícil recompoñer os máis mínimos consensos.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a activación este ano de distintas Ofertas de Emprego Público para ofertar máis de 4.300 prazas, das que 1.215 serán do eido sanitario, 1.491 pertencerán á Administración xeral e 1.604 á educación. Máis polo miúdo, Feijóo detallou que, no eido sanitario, aprobouse o decreto de convocatoria que volverá a esgotar a taxa máxima de reposición autorizada polo Estado (110%). 'Queremos emprego estable, diminuír a concatenación de contratos e dar un maior emprego con vocación de permanencia porque melloramos o servizo público, por tanto, nos gustaría sacar mais prazas, pero sacamos as que estamos habilitados para sacar', incidiu.
A Xunta de Galicia e o Goberno central colaborarán en materia de cartografía e información xeográfica para canalizar a produción, mantemento e difusión do seu traballo relacionado con este ámbito. A tal fin, as dúas administracións acaban de asinar o correspondente convenio marco no que se recolle a integración da Comunidade galega no Sistema Cartográfico Nacional, ao tempo que se establece un espazo de colaboración entre ambas en materia de información xeográfica.Cómpre lembrar que Galicia se integrou por primeira vez no Sistema Cartográfico Nacional no ano 2010, mediante a subscrición do correspondente convenio.
O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta de Galicia blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita á Catedral de Mondoñedo onde anunciou un primer investimento de máis de 300.000 euros para a restauración do conxunto mural do presbiterio e nave central. O Plan Catedrais está neste momento en elaboración, en diálogo coas distintas dioceses.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a ampliación do bono turístico #QuedamosEnGalicia ao conxunto da poboación galega, co obxectivo de mobilizar en torno a 6,8 millóns de euros, inxectar actividade e impulsar a reactivación do turismo. Así, a segunda convocatoria deste bono abrirase a todos os cidadáns maiores de idade empadroados nun concello galego, e que non foran beneficiados na convocatoria de 2020. E a Xunta asumirá o 60% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 40%.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o acordo co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, para que o Goberno central e a Xunta de Galicia deseñen conxuntamente as bonificacións das peaxes da AP-9. 'Ao que nos comprometemos hoxe é a que a Comunidade poida participar, xunto co Goberno, no deseño das bonificacións das peaxes da AP-9, co obxectivo de que a proposta que se faga á concesionaria sexa unha proposta acordada', explicou tras a reunión mantida esta mañá no Ministerio.
Xunta e o Goberno luso coincidiron hoxe na necesidade de aproveitar os fondos europeos para impulsar as comunicacións entre Galicia e Portugal co AVE entre Vigo,Porto e Lisboa como prioridade. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo hoxe unha reunión en Melgaço coa ministra da Coesâo Territorial de Portugal, Ana Abrunhosa, para abordar as infraestruturas estratéxicas de comunicación transfronteiriza.
« Anterior | 27  de  158 | Siguiente »

Notas politica

Nun encontro cos alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, asegura que momentos como o actual, cunha forte crise económica, cobra máis valor a política entendida como servizo ao pobo.
O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galicia. Un total de nove conferencias servirán para profundar no coñecemento do feito histórico do nacionalismo galego producido en 1918.
O presidente da Fundación Galiza Sempre clausurou o seminario Outra Europa: a alternativa das nacións sen estado. Beiras salientou a necesidade de construir unha nova Europea baseada na reformulación de obxectivos.
Membros da Comisión Delegada do Consello avalían a execución do Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009 durante a reunión que se celebra no centro galego de Lisboa con motivo do seu centenario.
Este servizo reúne as actividades de rexistro e información xeral, ademais doutras loxísticas de distribución da correspondencia e de coordinación coas demais oficinas de rexistro para facilitar os trámites aos cidadáns.
A Xunta de Galicia inviste 10 millóns de euros nos novos dique e contradique que multiplicarán por seis o espazo protexido da actual dársena pesqueira e permitirán atender a demanda de atraques de embarcacións deportivas.
O secretario xeral de Relacións Exteriores participou no 76 Pleno da Comité das Rexións da UE onde defendeu as emendas de Galicia a ditames sobre a PAC e sobre o fomento de enerxías renovables. Asistiu a un xantar de traballo coa comisaria de Política Rexional Danuta Hübner xunto con cinco presidentes autonómicos.
Así o afirmou o presidente da Xunta que adiantou a constitución en setembro da Agrupación de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal que será a primeira operativa no ámbito europeo.
O novo teléfono de atención cidadán substitúe aos 54 teléfonos de información especializada do Goberno galego e incorpra alertas para preavisos.
A Deputación de Lugo era, ata o de agora, a única das deputacións provinciais galegas que carecía de representatividade no Padroado da Fundación. Con esta adhesión a Deputación de Lugo beneficiarase do futuro Centro de Negocios da Fundación Galicia Europa.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES