Notas de prensa

Delegados do Consello de Comunidades Galegas reúnense en Lisboa

Membros da Comisión Delegada do Consello avalían a execución do Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009 durante a reunión que se celebra no centro galego de Lisboa con motivo do seu centenario.

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas celebra
a súa reunión anual no Centro Galego de Lisboa, que este ano celebra o seu centenario.

As sesións de traballo, que arrancan a tarde do venres 31 de outubro, e prolongaranse ata o mediodía do sábado día 1, permitirán facer un balance sobre o grao de execución do Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009, así como a análise das accións que, contempladas neste documento, serán executadas ao longo do ano 2009. O Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, será o encargado de expoñer ante a Comisión as liñas de actuación que se teñen posto en marcha en relación a este Plan, o primeiro destas características feito por un goberno galego para responder ás necesidades do emigrantes galegos.

A Comisión Delegada está composta por catorce membros, dos que dous (representantes do Centro Galego de Bos Aires e a Casa de Galicia de Montevideo) son permanentes, e doce elixidos polo pleno do Consello de Comunidades Galegas que representan ás áreas xeográficas de España, Europa e América. Por España estarán presentes os representantes de Centro Galego de Santander, Centro Galego de Salamanca, Agrupación Cultural Saudade de Barcelona e Casa de Galicia en Bilbao; Centro Galego de Nuremberg, Centro Galego de Marsella, Sociedade Cultural Recreativa “O Lar Galego” de Rotterdam e Sociedade “A Noza Galiza” de Xenebra por Europa e por América estarán Sociedade Galega de Arentei, Vilamarín e a Peroxa de Bos Aires, o Centro Recreativo Uniâo do río Tea de Salvador de Bahía, o Centro Social, Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor de Montevideo e a Hermandad Gallega de Venezuela. Entre as súas competencias cóntase a preparación dos plenos e a elaboración dunha memoria anual.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, 2008-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES