Notas de prensa

Galicia pecha a súa presenza nos Open Days 2008

O secretario xeral de Relacións Exteriores participou no 76 Pleno da Comité das Rexións da UE onde defendeu as emendas de Galicia a ditames sobre a PAC e sobre o fomento de enerxías renovables. Asistiu a un xantar de traballo coa comisaria de Política Rexional Danuta Hübner xunto con cinco presidentes autonómicos.

O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Julio Fernández Mato, mostrouse “satisfeito” coa participación galega na Semana Europea das Rexións e das Cidades, que cualificou como un acto “de primeiro nivel”. En opinión de Fernández Mato a participación galega nestas xornadas contribúe a poñer en valor o novo modelo de construción europea, que se está a fomentar e que ten no desenvolvemento rexional un dos seus eixos fundamentais. Fernández Mato fixo esta valoración no decurso dunha rolda de prensa celebrada na sede da Fundación Galicia en Bruxelas.

A chamada Semana Europea das Rexión e as Cidades, organizada conxuntamente polo Comité das Rexións da UE, a Comisión Europea e as rexións e cidades asociadas reúne durante unha semana a Bruxelas máis de 150 eventos entre seminarios, conferencias e obradoiros no que participan 217 rexións de 32 países de Europa. “Trátase dunha oportunidade para impulsar o peso das rexión a nivel europeo así como facilitar a posta en contacto e o intercambio de boas prácticas e experiencias en eidos como o cambio climático, o desenvolvemento tecnolóxico ou cooperación territorial”, asegurou o secretario xeral.

Neste obxectivo de cooperar entre rexións europeas, o secretario anunciou a posta en marcha dun colaboración continuada de tipo cultural co resto das rexións que conforman o consorcio “Celtic connections” para a organización e promoción dunha serie de actos de aquí ao 2009.

Xantar de traballo coa comisaria europea

Fernández Mato aproveitou a súa presenza en Bruxelas para manter un encontro coa comisaria de Política Rexional, Danuta Hübner xunto con representantes doutras comunidades españolas. No transcurso da xuntanza, que contou coa presenza dos presidentes de Castela León, Asturias, Canarias, Murcia e A Rioxa, así como o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), transmitiu á responsable europea de Política Rexional a invitación do presidente da Xunta para a inauguración da AECT, que terá sede en Vigo.

Fernández Mato aproveitou tamén a súa estancia na capital europea para recibir na oficina da FGE a unha nutrida representación da Confederación de Empresarios de Ourense aos que informou sobre as posibilidades de abrirse aos mercados europeos e participar en proxectos. Para iso o secretario puxo a disposición dos empresarios o Centro de Negocios da Fundación Galicia Europa como unha ferramenta básica na “difícil etapa de comezar de cero na labor de exportación” así como asesoramento e apoio en proxectos europeos.

Comité das Rexións

Con respecto á posición de Galicia con respecto ás propostas de chequeo da PAC que foron votadas esta tarde no 76 Pleno do Comité das Rexións, o secretario confirmou que “Galicia considera necesario que as propostas do chequeo sirvan para reforzar o modelo agrario multifuncional europeo, extremo que non garante a proposta da Comisión”.

Ademais, nesta ocasión Galicia presentou dúas emendas ao ditame da PAC e unha emenda no ditame sobre a promoción do uso das enerxías renovables. Estes ditames serán sometidos a votación no Pleno do Comité das Rexións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-10-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES