//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, compareceu na Comisión 7ª do Parlamento para explicar polo miúdo as claves do novo Plan Forestal de Galicia (PFG), que está a ser avaliado pola Cámara antes de volver ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva e entrada en vigor, que está prevista ao longo do primeiro semestre deste ano. Chan destacou que esta revisión se asenta nos compromisos en materia de transición verde, biodiversidade, neutralidade climática e consumo responsable. Así, a súa misión é acadar o desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural para xerar emprego e economía baixa en carbono.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, amosou hoxe o seu optimismo ante a receptividade do presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, aos proxectos galegos que optan aos fondos europeos Next Generation. Durante a xuntanza mantida hoxe, no Palacio da Moncloa, Feijóo trasladou todo o traballo feito pola Comunidade, con especial fincapé nos proxectos tractores que xa se coñecen, relacionados coa construción dunha planta de produción de fibras téxtiles; coa posta en marcha dunha planta de economía circular para a xestión de residuos orgánicos; co impulso do polo aeroespacial de Galicia; co proxecto da automoción galega; e coa fabricación de vacinas nos laboratorios Zendal.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta, os asuntos prioritarios para Galicia que abordará co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, entre os que destacou os relacionados coa covid, o reparto dos fondos habilitados para as comunidades, a política industrial ou as infraestruturas. Hoxe aproveitamos o Consello para facer un balance dos temas que imos trasladarlle, con carácter xeral, ao presidente do Goberno, a maioría deles centrados no ámbito sanitario, pero tamén económicos ou de infraestruturas, precisou.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia está a deseñar xa a loxística para vacinar contra a covid-19 ao resto do persoal sanitario, ao persoal sociosanitario dos centros de día e do SAF, así como aos grandes dependentes, ademais de para administrar a segunda dose nas residencias. Tras a reunión do Consello da Xunta, Feijóo precisou que xa se administrou a vacina no 94% das residencias de maiores de Galicia 521 das 556 que hai en total e subliñou que a Comunidade administrou ata onte un total de 33.351 vacinas entre os usuarios e o persoal destes centros.
"Moitos de vostedes lembrarán este escenario. Ao longo deste ano, en numerosas ocasións, utilicei este mesmo atril para comunicarlles datos sobre a evolución da pandemia, acordos relacionados coa situación sanitaria e medidas para combater a covid-19.
A miña primeira mensaxe ten que ser para recordar a aqueles galegos que nos dixeron adeus para sempre por culpa da pandemia."
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que as primeiras Directrices da Paisaxe de Galicia entrarán en vigor no primeiro trimestre de 2021 co obxectivo de protexer os valores paisaxísticos da comunidade autónoma. Logo de que o Consello aprobase esta mañá o Decreto das Directrices da Paisaxe, Feijóo explicou que no documento diferéncianse unha serie de normas, que serán obrigatorias; e un listado de recomendacións, que suxiren limitacións ou condicións de carácter xenérico. O titular da Xunta incidiu en que as directrices deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo en Galicia.
O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de Ordenación do Territorio (LOT), un novo instrumento que actualiza e substitúe a unha norma con 25 anos de vixencia co fin de dotar á Comunidade autónoma dun novo instrumento urbanístico máis útil, clarificador e eficaz. Durante unha breve intervención tras o debate parlamentario sobre a lei, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defendeu que unha vez entre en vigor a comezos do próximo ano, a LOT garantirá a cohesión social e mellorará a calidade de vida de todos os galegos, completando así o camiño que se iniciou no ano 2016 coa aprobación da Lei do Solo e posteriormente, do seu regulamento.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou o balance do inicio de lexislatura máis intenso de todos os que temos vivido ata o momento, cun Goberno centrado na pandemia pero tamén na reactivación e na Galicia do futuro: familiar, moza, verde e innovadora. Hoxe estamos aquí porque render contas é fundamental sempre, subliñou durante o encontro de traballo con motivo dos 100 días do actual Goberno galego. Aínda que a xestión da pandemia está a esixir a meirande parte do tempo, o esforzo e os recursos, Feijóo aseverou que o Executivo non descoida a construción da Galicia do futuro.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobeo 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxias dos tres próximos anos santos. Alfonso Rueda compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura 2020-2024, onde indicou que o turismo é un dos sectores clave para a recuperación económica da nosa comunidade polo que se potenciara o Xacobeo como oportunidade única para a proxección exterior de Galicia, de maneira que se buscarán e potenciarán proxectos que se prolonguen no tempo e sexan mais sustentables e fortalezan a marca Galicia.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu o acto de toma de posesión dos novos directores xerais do seu departamento. Alí destacou que os cambios non xorden do descontento, senón da necesidade constante de novas ideas, novas maneiras e novas respostas para atender ás necesidades da cidadanía. Así mesmo, agradeceu o traballo e dedicación dos dous directores xerais saíntes: Amparo González e Ildefonso de la Campa. En concreto, Jacobo Rey Sastre, tomou posesión como director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica en substitución de Amparo González.
A Área de Cultura e Deportes adicará máis de dous millóns de euros dos seus orzamentos a cumprir cos convenios que o goberno anterior deixou asinados con diversos concellos como o de Begonte.
O Vicepresidente da Deputación, Antón Bao, incidiu na responsabilidade social das áreas gobernadas polos nacionalistas que acadan un incremento orzamentario significativo en 2008 respecto dos exercicios anteriores.
Aureliano García González-Llanos, nombrado nuevo director técnico del Plan Estratégico que la Diputación Provincial califica de instrumento útil para el desarrollo económico.
O acto de entrega, no que estiveron presentes os representantes de todos os grupos políticos da Corporación Provincial, tivo como protagonista a figura de Luis Cordeiro Rodríguez, ex presidente da Deputación de Lugo falecido o 24 de decembro.
Un estudo do profesor da USC Andrés Cernadas reflicte o escaso interese dos políticos da Administración local galega pola participación cidadá que usan oportunistamente e logo esquecen.
Esta actividade, posta en marcha pola comisión de Relacións Institucionais do Centro Galicia da capital arxentina, proponse abrir espazos máis igualitarios na conmemoración do Día Internacional da Muller.
Servizos á Comunidade II é o primeiro obradoiro de emprego que impulsa o INLUDES desde que o dirixe a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez. Gómez Besteiro asegurou que a Deputación está comprometida coas políticas útiles e asume o reto de Traballo na loita pola igualdade.
O Presidente provincial recibiu ós visitantes que, ademáis de percorrer os edificios dependentes do organismo provincial, viñeron acompañados da deputada de Economía e Alcaldesa de Guitiriz
O Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia (CIEF) prepara un diagnóstico realista das fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades de Lugo.
Galicia será a Comunidade española que maior representación terá nos Comités da Comisión Europea ata 2011: dun total de 91 Comités, participa en 41.