Noticias

Feijóo abordará con Pedro Sánchez asuntos relacionados coa covid, o reparto dos fondos para as comunidades, a política industrial ou as infraestruturas

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta, os asuntos prioritarios para Galicia que abordará co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, entre os que destacou os relacionados coa covid, o reparto dos fondos habilitados para as comunidades, a política industrial ou as infraestruturas. “Hoxe aproveitamos o Consello para facer un balance dos temas que imos trasladarlle, con carácter xeral, ao presidente do Goberno, a maioría deles centrados no ámbito sanitario, pero tamén económicos ou de infraestruturas”, precisou.

Nese sentido, aseverou que, durante a xuntanza, incidirá na idoneidade de contar cunha Lei da pandemia: “Seguimos pensando que é necesario ter unha lei para ordenar a pandemia en España”, sinalou, ademais de reclamar a flexibilidade do toque de queda, pois “o Goberno está a tempo de rectificar, de acertar”.

Así mesmo, o titular da Xunta proporá a necesidade de ter criterios comúns en materia de teletraballo, para así reducir as interaccións sociais; e abordará o debate en torno ao uso da máscara FFP2, co fin de establecer unha posición conxunta de país, deixando claro á cidadanía en que casos se debe levar este tipo de máscaras e en que contextos debe ser obrigatoria.

“Estes son varios asuntos nos que é precisa unha postura estatal común, para establecer unha coordinación que creo que debe liderar a nova ministra de Sanidade”, incidiu Feijóo, que conversou onte con Carolina Darias.

Outra das cuestións que propoñerá ao xefe do Executivo é que retome as conferencias de presidentes, tendo en conta que estas reunións non teñen lugar desde outubro.

No que atinxe á vacinación, Feijóo insistirá na necesidade de contar cuns criterios ben definidos ao respecto do reparto das doses, de tal xeito que se adecúe á poboación diana de cada comunidade autónoma.

No eido económico, e en relación ao reparto dos fondos habilitados para as comunidades, o presidente galego reclamará ao Goberno que se fixen uns criterios homoxéneos. “Sobre a porcentaxe de poboación protexida que lle corresponde a Galicia e os fondos que foron distribuídos polo Goberno central, temos un déficit de 600 millóns de euros”, avanzou.

Tamén respecto aos fondos, pero neste caso aos Next Generation, trasladará ao presidente do Goberno todo o traballo feito xa por Galicia, con especial fincapé nos proxectos tractores que xa coñecen.

Fóra do ámbito da covid, Feijóo expoñerá outros asuntos que teñen importancia para a nosa Comunidade, como “a crise industrial como consecuencia da política enerxética de transición que está implementando o Goberno central”. Así, nesta materia, referirase á situación das Pontes e de Meirama, e tamén a Alcoa e á “urxencia absoluta de carga de traballo” que está afrontando Navantia na ría de Ferrol.

En materia de infraestruturas, o responsable do Executivo autonómico pedirá concreción sobre a posta en servizo do AVE a Madrid, así como información sobre os accesos ao Porto Exterior da Coruña, a saída sur de Vigo ou o AVE Lugo-Ourense. “E, por suposto, falaremos da rebaixa das peaxes da AP-9 e da súa transferencia”, dixo.

Finalmente, Feijóo abordará tamén a situación dun sector estratéxico como é o do turismo, e demandará un compromiso específico co Xacobeo 2021-2022.

R., 2021-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES