Noticias

As Directrices da Paisaxe entrarán en vigor no primeiro trimestre de 2021 para protexer os valores paisaxísticos de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que as primeiras Directrices da Paisaxe de Galicia entrarán en vigor no primeiro trimestre de 2021 co obxectivo de protexer os valores paisaxísticos da comunidade autónoma. Logo de que o Consello aprobase esta mañá o Decreto das Directrices da Paisaxe, Feijóo explicou que no documento diferéncianse unha serie de normas, que serán obrigatorias; e un listado de recomendacións, que suxiren limitacións ou condicións de carácter xenérico. O titular da Xunta incidiu en que “as directrices deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo en Galicia”.

Así, en relación coas normas, destaca, por exemplo: que as infraestruturas enerxéticas -os tendidos e redes- deberán ser subterráneas no caso dos novos desenvolvementos urbanísticos; nas áreas de especial interese paisaxístico, que son 313 en Galicia, só se permitirá a apertura dunha canteira ou mina se é rigorosamente xustificada e sen impacto; e deberanse establecer limitacións respecto das plantacións de eucaliptos, establecéndose como norma a promoción de medidas para substituír masas de eucalipto e priorizar as autóctonas.

En canto aos espazos naturais protexidos, darase prioridade á rexeneración das zonas que sufran impactos paisaxísticos como incendios, verteduras ou similares. E nos plans e instrumentos de ordenación forestal fixaranse medidas para a eliminación e prevención das especies vexetais invasoras.

No tocante ás infraestruturas e vías de comunicación: inclúense condicións, criterios de integración e recomendacións para un tratamento axeitado do valor das vistas panorámicas desde as vías de comunicación; así como que as pontes de máis de 50 metros de lonxitude requirirán dun informe do organismo competente en materia de paisaxe.

Así mesmo, fíxase como norma a obrigatoriedade de retirar os carteis, paneis e demais sinaléctica de obras ou actuacións públicas rematado o prazo de permanencia que determinen os compromisos adquiridos no seu financiamento; e empregar especies vexetais autóctonas para a revexetación dos elementos viarios, como medianas, rotondas ou noiros.

Sobre posibles actuacións no Camiño de Santiago, cómpre salientar que as directrices indican que dentro das zonas visibles do Camiño e a menos de 500 metros deste, os cambios de actividades agroforestais requirirán xustificación.

R., 2020-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES