
Así mesmo, confirmou que practicamente de inmediato, unha vez se cumpran os 21 días previstos entre dose e dose, comezarase coa segunda rolda de vacinación, coa previsión de administrar o vindeiro domingo día 17 a segunda dose na residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, a mesma na que si iniciou o plan o 27 de decembro. Empezarase ás 08,00 horas coa mesma persoa coa que se iniciou a administración da primeira dose.
O obxectivo, segundo adiantou Feijóo, é completar en tres semanas, entre finais deste mes e os primeiros días de febreiro, a vacinación de todas as residencias, exceptuando aquelas nas que está a haber gromos.
Feijóo salientou que está preparado un equipo formado por 2.200 profesionais, dos que polo momento están a vacinar 200 ao non haber doses suficientes, un dispositivo que está moi lonxe de acadar as posibilidades máximas de dispensación, dixo. Agora imos recibir 1.800 doses de Moderna, que se suman ás 18.000 que recibimos cada luns de Pfizer e polo tanto estaremos nunhas 20.000 á semana, abundou.
A continuación, o presidente do Goberno galego salientou que onte comezou con normalidade a vacinación do segundo grupo prioritario, o persoal sanitario, con algo máis de 6.000 profesionais vacinados. E hoxe o obxectivo é chegar a outras 7.500, co fin de chegar aos 20.000 esta semana, avanzou, precisando que se trata de persoal de urxencias, críticos, oncohematoloxía, HADO, unidades covid, diálise, microbioloxía e 061, entre outros.
Facémolo cun criterio: o 30% do persoal destas áreas e por rigoroso orde alfabético. Pode ser discutible, pero é un criterio obxectivo, incidiu o presidente da Xunta, engadindo que tamén se está vacinando aos profesionais de Atención Primaria.
Por último, sinalou que as Consellerías de Sanidade e Política Social xa están a estudar os protocolos das seguintes fases da vacinación. Os profesionais sanitarios dos servizos que non están na primeira liña e o persoal sociosanitario dos centros de día e do Servizo de Atención ao Fogar (SAF) serán a seguinte liña de actuación, explicou, detallando que esta fase realizarase a partir do 10 ou 12 de febreiro, mentres a seguinte, a dos grandes dependentes, será a partir de principios do mes de marzo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.