//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do decreto da nova estrutura orgánica da Xunta, enfocada na loita contra a covid e na reactivación social e económica, como quedou patente dende o mesmo momento en que se configuraron as distintas consellerías. Máis polo miúdo, Feijóo precisou que a Vicepresidencia Primeira asume as competencias da Axencia de Turismo de Galicia; e a Secretaría Xeral de Igualdade pasa a integrarse na Consellería de Emprego e Igualdade, onde se crea unha nova dirección xeral: a Dirección Xeral de Relacións Laborais, coa que se reforza este ámbito de cara aos vindeiros meses.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe á S. M. o Rei Felipe VI un novo Goberno galego centrado en paliar os efectos da pandemia, cun compoñente social e económico moi importante e no que a sanidade seguirá sendo unha das prioridades desta lexislatura. Tras a recepción no Palacio da Zarzuela, despois de ser investido a pasada semana presidente da Xunta, Feijóo aseverou que os galegos optaron o 12 de xullo pola moderación e a estabilidade dunha forma determinante e moi clara; e aproveitou o encontro para avaliar a situación da pandemia na Comunidade. Feijóo pediu a axuda da S. M. Felipe VI para ampliar a celebración do Xacobeo ata xullo de 2022.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe en Oviedo unha xuntanza co presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, na que entre outros asuntos analizaron o novo período de financiamento europeo e acordaron traballar conxuntamente para lograr unha aterraxe suave dos fondos que reciben ambas rexións procedentes da Unión Europea. En pleno proceso de definición da asignación do período 2014-2020, as primeiras previsións indicaban que Galicia e Asturias serían as rexións que perderían máis financiamento comunitario, unha cuestión especialmente gravosa na actual situación de pandemia e do seu impacto na economía e no emprego.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na localidade portuguesa de Bragança na XII reunión da Comisión hispano portuguesa de Cooperación Transfronteiriza para preparar o XXXI Cumio Ibérico no que participarán o próximo outubro na Guarda o presidente do Goberno e os seus ministros co primeiro ministro portugués e os membros do seu Executivo. Gamallo presentou propostas consensuadas co Norte de Portugal a ter en conta na reunión do Cumio, como a necesidade de protocolos conxuntos no ámbito sanitario e de impulsar o Camiño Portugués a Santiago para dar un novo pulo ao Xacobeo 2021 como elemento integrador da proxección exterior e eixo vertebrador da cohesión.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe un novo Executivo galego comprometido co realismo, o traballo, a xestión e a planificación, e coa defensa dos intereses de Galicia por diante de calquera outra consideración. Durante o acto de toma de posesión dos conselleiros, Feijóo aseverou que o novo Goberno conserva a mesma ilusión que aquel primeiro equipo de 2009, pero se cabe con máis enerxía, con máis experiencia e con máis paixón. Conscientes da magnitude do reto que teñen por diante, o titular da Xunta incidiu en que a prioridade é afrontar a pandemia en todas as frontes e, con este fin, destacou o reforzo da área de Economía para que todos os esforzos coordinados vaian cara á reactivación económica e social; para, ademais de seguir tendo capacidade económica, soster o estado do benestar, matizou.
O presidente do Goberno Galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que nos próximos días o conselleiro de Sanidade reunirase co secretario de Estado de Sanidade para abordar a posibilidade de rexionalizar Portugal dentro do protocolo elaborado pola Xunta, que obriga ás persoas que veñan á Comunidade a comunicar a súa chegada cando procedan doutros territorios cunha incidencia epidemiolóxica 3,5 veces superior á de Galicia. Se ben no protocolo non se fan diferencias dentro do territorio dos países, agás no caso de España, Feijóo trasladou durante un encontro co embaixador de Portugal, João Mira Gomes, a necesidade de establecer unha diferenciación por zonas de alta incidencia da covid-19 tamén para o país veciño, ante os estreitos lazos que nos unen.
Os coordinadores de prevención para a xornada electoral do próximo 12 de xullo veñen de rematar a inspección dos 2.405 locais electorais galegos. Durante a semana pasada, comprobouse que 2.280 locais -case o 95%- cumprían xa de inicio coas condicións do Protocolo da Xunta e buscouse unha ubicación alternativa para os 125 que non estaban en condicións de cumprila segundo as inspeccións. Deste modo, case un mes antes da xornada electoral, o 100% dos locais designados contan coas características necesarias para cumprir coas medidas de seguridade. O traballo dos 133 inspectores desenvolveuse en colaboración fluída cos concellos, tanto á hora de facer as inspeccións como cando foi necesario buscar locais alternativos.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o acordo no Consello da Xunta de dar por rematada a fase 3 e anunciou que Galicia levantará o estado de alarma a partir do próximo luns, despois de que o Goberno central autorizase este mesmo venres á Comunidade a dar este paso. Facémolo avalados pola situación epidemiolóxica que temos desde hai 14 días e pola solidez dos datos sanitarios, aseverou Feijóo, para logo concretar que, nos últimos 7 días, a taxa de incidencia por 100.000 habitantes cífrase en Galicia en 0,4, mentres a media de España é de 4,2. Ademais, o titular da Xunta salientou que Galicia é, polo momento, a comunidade autónoma con menor taxa de incidencia por 100.000 habitantes de España.
A Xunta Electoral Central vén de acordar a ampliación do prazo do depósito do voto por correo para as eleccións galegas do próximo 12 de xullo. Inicialmente, o prazo para depositar o voto remataba o 8 de xullo, pero agora o límite pasará a ser o 10 de xullo, sempre antes das 14 horas. O prazo para solicitalo en calquera oficina de Correos está xa aberto e a súa data límite mantense no 2 de xullo. Tal e como acordou a Xunta Electoral Central, o voto por correo non se poderá solicitar tan só nas oficinas, senón que Correos habilitará tamén unha vía telemática para facelo. Os usuarios que elixan esta vía para solicitalo precisarán identificarse cos certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria ou co DNI-e. Non se aceptarán como válidos os sistemas de identificación Chave365 nin o sistema cl@ve.
A Xunta Electoral Central vén de comunicar á Xunta as medidas a adoptar na tramitación do voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo. O acordo recolle varias das demandas incluídas no protocolo do Goberno galego de medidas preventivas fronte o coronavirus deseñado para a xornada electoral, no que se insta a fomentar o voto por correo. En canto á solicitude do voto por correo, a Xunta propón ás administracións competentes que se poida realizar por vía telemática mediante un sistema de acreditación que garanta a identidade do solicitante. A Xunta Electoral Central aceptou esta proposta aclarando que a petición de forma telemática se realizará a través da páxina web de Correos mediante firma electrónica.
As bases están en elaboración para a súa remisión ás organizacións sindicais e aos centros de administración afectados, según explicou no Parlamento o director xeral de Calidade e Avaliación de Políticas Públicas, Juan Gómez.
A Sociedade Urbanística Provincial contará con 38.850.000 euros de presuposto para o ano 2008. O orzamento aprobado por unanimidade contempla actuacións en todas as comarcas da provincia.
O Presidente da Deputación e os Alcaldes asinan o convenio das novas bases do Sistema provincial de Recadación.
O presidente do organismo provincial visitou oficialmente os municipios de Triacastela, Cervantes e As Nogais, na montaña luguesa. Destacou as dificultades orográficas e a escasa poboación como principais problemas destes concellos.
O Presidente da entidade provincial e o Reitor da USC asinaron en Humanidades un convenio de colaboración.
O Presidente da Deputación aposta por potenciar o Consello de Contas para garantir a transparencia económica das administracións.
Rosa Abelleira ocupaba ata o de agora ese mesmo posto no Concello de Lugo.
No marco do Plan INCITE, á Universidade de Vigo destinaranse 600.000 euros, á Universidade da Coruña case 700.000 e á de Santiago de Compostela máis de 800.000.
A Xunta anuncia a sinatura dun convenio coa produtora Portico para subministrar o programa ás televisión locais estatais. Destaca que a nova web supón un salto cualitativo de enorme importancia no que se refire á proxección de Galicia no mundo.
O deputado Antonio Gato destacou que a xuntanza será cuasi definitiva na conformación do Servizo e que o novo servizo axudará ós Concellos nos seus sistemas locais de financiamento.