Notas de prensa

A Deputación de Lugo adiantará cada mes 500.000 euros ós primeiros 29 Concellos que se suman ó novo sistema de recadación

O Presidente da Deputación e os Alcaldes asinan o convenio das novas bases do Sistema provincial de Recadación.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e os Alcaldes e Alcaldesas dos primeiros Concellos que se suman ó novo sistema de recadación provincial asinaron os respectivos convenios para a cesión da recadación de impostos. Gómez Besteiro dixo que “nesta primeira quenda son 29 Concellos, que son tan importantes como se fosen sesenta. O importante é que este sistema funcione cada vez mellor e que sexamos máis eficaces”.

O máximo responsable provincial avanzou que “previsiblemente a Deputación anticipará cada mes 500.000 euros a estes 29 Concellos. Por tanto, imos cumprir con aquelo que prometemos”. Estes anticipos permitirán ós municipios ter liquidez todos os meses. Ademais, as novas bases rebaixan ata o 4% a porcentaxe que deberán aboar as entidades locais por este servizo. “O que se trata é de que este sistema favoreza a todos e, neste senso, o importante é que cobremos cada vez menos por esta xestión e que baixemos aínda máis esta porcentaxe”.

Os primeiros Concellos en sumarse a esta iniciativa son: Baralla, Becerreá, Begonte, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, Guntín, Lourenzá, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pol, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Samos, O Saviñao, Sober, Taboada, Triacastela, O Vicedo, Xermade e Xove. Ó acto de hoxe asistiron todos os rexedores agás os de Carballedo, Cervantes, Folgoso, O Saviñao, Sober e Taboda, que desculparon a súa ausencia, e que asinarán o documento nos vindeiros días.

No acto de sinatura tamén estivo o Deputado de Cooporeación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, que agradeceu a presenza ós Alcaldes e Alcaldesas porque “este é un paso mais no sistema de financiamento dos Concellos, o que redundar de forma positiva nos veciños dos respectivos municipios. Hai que estimular ó resto das entidades locais para que pronto fagan uso de este servizo”.


Lugo, 11 de febreiro de 2008

SAÚDOS. GABINETE DE COMUNICACIÓN

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES