O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Beteiro, visitou os Concellos de Triacastela, Cervantes e As Nogais, na Montaña lugesa, dentro da rolda de entrevistas que está a manter cos Alcaldes e Alcaldesas da provincia. Gómez Besteiro fixo fincapé na realidade que viven estes municipios, con pouca poboación, moi dispersa, e cunha orografía que dificulta a prestación de servizos ós seus veciños. As Deputacións están pensadas para axudar sobre todo ós Concellos más pequenos, e no caso dos que están na Montaña deben ter un tratamento diferente. Puxo como exemplo o servizo de bomberios, que nesta zona será resolto dun xeito distinto ó resto da provincia, e iso non é darlles un trato de favor, senón tratar dun xeito desigual a quen é desigual.
O titular provincial dixo que a Deputación non pode facelo todo, pero si colaborar en cuestións que fan máis doada a vida nos Concellos, como en materia de recadación, extinción de incendios ou tramitación de axudas. José Ramón Gómez Besteiro lembrou que hai Concellos, sobre todo os máis pequenos, que non teñen nin os servizos máis básicos. É necesario que os Alcaldes sexan capaces de compartir proxectos en común que afecten a máis dun municipio, afirmou o Presidente provincial.
Medio Ambiente
José Ramón Gómez Besteiro sinalou que a orografía desta zona e a súa riqueza paisaxística tamén poden converterse na mellor aliada á hora de acadar un desenvolvemento sostible. A aposta polo medio ambiente e o turismo lévanos ó futro da provincia. A área de Medio Ambiente da Deputación vai implicarse máis no proxecto da Reserva da Biosfera dos Ancares para conseguir que este paraíso atraia máis xente e máis cartos á zona, o que contribuiría a fixar poboación. Hai que poñer a Montaña luguesa no mapa.
Os tres rexedores, Miguel Angel Fernández de Triacastela, José Luis Coedo, das Nogais, e Benigno Gómez, de Cervantes, amosaron a súa satisfacción pola visita do Presidente. O Alcalde de Triacastela dixo que o feito de que o Presidente estea aquí, xa demostra que algo cambiou na Deputación. Pola súa banda, José Luis Coedo falou de un día histórico para As Nogais porque é a primera visita oficial dun Presidente da institución provincial.
Peticións dos Alcaldes
O máximo responsable de Triacastela, un dos catro municipios da provincia con menos de 1.000 habitantes, solicitou a colaboración da Deputación no saneamento dos núcleos rurais, xa que dos 27 que hai en todo o Concello só a capital dispón deste servizo. Pola súa banda, o rexedor das Nogais pediu o anchamento e a eliminación das curvas máis perigosas da estrada provincial que une esta localidade con As Lamas, a vía máis importante do municipio despois da N-VI e a A-6. En canto, ó Alcalde de Cervantes, reclamou, entre outras cuestións, a promoción e o desenvolvemento turístico, o asesoramento xurídico e informatización do Concello.
José Ramón Gómez Besteiro foi presentado ás respectivas Corporacións, e asinou nos Libros de Ouro dos Concellos. Agasallou ós Alcaldes con cadansúa bufanda de seda e lampada deseñadas polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Pola súa banda, recibiu diversos presentes por parte dos seus anfritións.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.