O Consello da Xunta de Galicia da a súa aprobación aos convenios de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e as tres universidades galegas para a realización de accións de formación de investigadores e de persoal de apoio á investigación por un valor total de 1,5 millóns de euros.
Os convenios teñen por obxecto establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria, a través da dúa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e as Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago para o cofinanciamento das actuacións de formación de investigadores e de persoal de apoio á investigación desenvolvidas por estas universidade ao longo do ano 2007.
No caso da Universidade de Vigo, Innovación e Industria destinará 500.000 euros ao cofinanciamento do 82% do custe total das Bolsas de formación de investigadores e profesorado para viaxes e estadías; Bolsas de Terceiro Ciclo e Bolsas de formación no Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación (CACTI) e na Estación de Ciencias Mariñas (ECIMAT) da Universidade de Vigo. A Universidade de Vigo completa o orzamento destas accións cunha achega con 104.720 euros.
O convenio coa Universidade da Coruña (UDC) establece tamén un investimento de 500.000 euros por parte da Consellaría de Innovación e Industria destinados neste caso ao cofinanciamento do 76,97% do custe total das Axudas para a participación en reunións científicas e estadías de investigación; Axudas para programas propios de investigación (organización de reunións científicas, encontros de investigadores, visitas de investigadores); Axudas para a realización de prórrogas e novas contratacións a persoal de investigación e de apoio á investigación; Bolsas e contratos predoutorais e Edición de publicacións periódicas de carácter científico de interese para a comunidade científica da UDC. A Universidade da Coruña achega 149.610,27 euros a estas accións.
Por último, o convenio asinado entre a Consellaría de Innovación e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela estable que o departamento que dirixe Fernando Blanco cofinanciará con 500.000 euros, o 28,09% do custe total, das Bolsas/contratos Predoutorais; Contratos postdoutorais; Prazas asignadas á USC a través do Programa Ramón y Cajal do Ministerio de Educación y Ciencia e Contratos de persoal da Rede de Infraestructuras de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) e de persoal de apoio ás bibliotecas da USC. A Universidade de Santiago aporta 306.055,86 euros.
Estas accións enmárcanse dentro do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (INCITE), que constitúe a peza estratéxica de actuación para vertebrar o sistema galego de I+D+I e desenvolver dunha maneira eficaz e completa o potencial investigador e innovador de Galiza, de xeito que repercuta cualitativamente e cuantitativamente no desenvolvemento económico e no benestar social. Neste sentido, o Programa de Recursos Humanos de INCITE ten como propósito definir unha carreira científica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+I.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.