
Sobre este punto, o responsable do Executivo galego valorou a nova de que o laboratorio americano Novavax decidise que un laboratorio galego da provincia de Pontevedra participe na fabricación da vacina para Europa. Unha decisión que reflicte a aposta pola profesionalidade e o rigor de como traballamos en Galicia, aseverou.
Feijóo aproveitou o encontro para, novamente, poñer en valor o traballo do comité clínico do Servizo Galego de Saúde, formado por 35 profesionais que, segundo afirmou son a chave do rigor co que Galicia está a intentar xestionar a pandemia: Fórono desde o 27 de febreiro, data na que constituímos a comisión interdepartamental da covid no Goberno; fórono desde o 1 de marzo, cando empezamos a comprar respiradores e evitamos o colapso das UCI; e seguen a selo porque todos os mércores nos reunimos para tomar decisións para os próximos sete días, precisou.
Por último, o presidente da Xunta e o Rei abordaron tamén outros asuntos de grande interese para Galicia como o problema de Alcoa e As Pontes; os proxectos tractores que a Comunidade presentará ao Fondo europeo de reconstrución; e o Xacobeo 2021. Ao respecto, e como embaixador vitalicio do Camiño de Santiago, Feijóo pediu a axuda da S. M. Felipe VI para ampliar esta celebración ata xullo de 2022.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.