A nova interventora da Deputación de Lugo, Rosa Abelleira, tomou posesión oficial do seu cargo o venres 11 de xaneiro nun acto presidido polo titular da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e que tivo lugar no despacho da Presidencia. No mesmo tamén participaron o secretario provincial, Faustino Martínez, e a Delegada de Economía, Regina Polín.
Rosa Abelleira é una profesional de recoñecido prestixio que foi responsable do servizo de intervención do Concello de Lugo desde 1990 ata este momento. A súa incorporación á Deputación lucense coincide coa posta en marcha dos primeiros presupostos do actual equipo de goberno.
Iste non é o único cambio no servizo de intervención provincial, xa que está previsto o seu traslado á pranta baixa do Pazo de San Marcos, dentro da reestructuración que se está realizando nas dependencias provinciais para mellorar a atención ós cidadás, facilitar o traballo ós funcionarios e habilitar locais para os tres grupos políticos con representación na Corporación.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.