//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
A Xunta de Galicia ven de facer pública a Axenda do país dos 25 asuntos máis urxentes e prioritarios, a plantear ao futuro Gobeerno desde o modelo de centralidade política que Galicia representa, cunha doble faciana de lealdade e esixencia: Lealdade a todas as institucións do Estado, por riba da sua cor partidaria, e esixencia de todo o que en xustiza precisa a cidadanía galega.
O Comité Europeo das Rexións (CdR), en colaboración coa Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea (DG REGIO), organizará en Bruxelas do 7 ao 10 de outubro a Semana Europea das Rexións e das Cidades (EWRC nas súas siglas en inglés): un evento de catro días de duración que reúne a máis de 6.000 asistentes e 600 relatores nun programa oficial con máis 300 actos nos que se abordarán as políticas rexionais e locais europeas sobre cohesión e desenvolvemento rexional e urbano. Galicia terá este ano unha participación destacada na EWRC cun total de catro eventos organizados por entidades galegas como a Autoridade Portuaria de Vigo, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou a Fundación Galicia Europa (FGE).
O Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta leva recibido 394.756 visitas e 2.132 solicitudes de información pública. Dende a súa apertura, o 7 de marzo de 2016, no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia foron consultadas máis de 1,5 millóns de páxinas, cun promedio de catro páxinas por visita. O Portal de Transparencia contén máis de 1.200 páxinas, en entre as máis visitadas están as de altos cargos da Administración xeral, normativa en tramitación, contías das retribucións do persoal, axenda institucional de altos cargos, contratación pública, información de transparencia das entidades instrumentais do sector público autonómico e oferta pública de emprego.
Alberto Núñez Feijóo, destacou os avances no Barrio da Residencia de Lugo coa demolición do antigo Hospital Xeral e coa licitación de Centro integral de saúde que este mérdores publicará o D.O.G. e que se situará no complexo do antigo Hospital Materno-Infantil, e indicou que o obxectivo é recuperar e humanizar un barrio histórico da cidade e convertelo nun referente de modernidade, innovación, accesibilidade e sustentabilidade,nun barrio do século XXI, dixo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse este mediodía co embaixador da República Popular da China en España, Lyu Fan, co obxectivo de seguir estreitando lazos de colaboración e avanzar na captación de novos investimentos para Galicia. Durante o encontro, no que estiveron tamén o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, Feijóo e Lyu Fan recordaron que, segundo os últimos datos de 2018, China consolídase como o principal destinatario asiático de produtos galegos, a onde xa exportan de forma regular máis de 140 empresas.
Presentouse no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia 'Nós no mundo. A lusofonía en Galicia' e mais o 'Informe anual do IGADI 2018-2019. En rumbo de colisión'. Cmpres así o IGADI o décimo aniversario desta publicación. 'Nós no mundo' é un informe de periodicidade anual impulsado polo IGADI e centrado na acción exterior galega. Na súa edición de 2019, cando se cumpre o décimo aniversario da publicación, pon o foco na relevancia da lusofonía na acción exterior de Galicia, no marco do quinto aniversario da Lei Paz Andrade e do primeiro ano de funcionamento da Estratexia Galega de Acción Exterior.
Galicia e Portugal celebrarán un cumio sobre competitividade da economía e a industria para abordar temas comúns e propoñer novas accións que reforcen as relacións económicas e que se centren nos sectores produtivos de máis importancia a ambos lados da fronteira. Así o acordaron hoxe nunha xuntanza o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, co ministro Adxunto e da Economía do país veciño, Pedro Siza Vieira. Tamén participou neste encontro a secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Mendes Godinho. Unha das principais cuestións abordadas durante o encontro foi avanzar na coordinación nas accións vinculadas co Camiño de Santiago de cara a celebración do Xacobeo de 2021.
Alfonso Rueda e Miguel Ángel Cadenas participaron hoxe na reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onde amosaron a súa sorpresa polo decisión ministerial de non crear estes dous Xulgados na nosa comunidade, e tal e como indicou Alfonso Rueda, cos datos xa definitivos do Consello Xeral do Poder Xudicial de 2018, que non estaban pechados na proposta inicial, queda de manifesto unha vez máis que a xurisdición do Social en Santiago, Lugo e Vigo son os que máis precisan un novo órgano e que polo tanto a súa creación debe ser completamente prioritaria.
Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, acolleu no V Encontro de Redes de Información europea en Galicia e Norte de Portugal, no que se deron cita representantes de trece centros pertencentes ás diversas redes de información creadas pola Comisión Europea para poñer ó servizo da cidadanía información sobre as oportunidades, dereitos e políticas da Unión. No espazo de intercambio de boas prácticas, Europe Direct A Coruña presentou o Mapa de financiación europea na Coruña, mentres que Europe Direct Tâmega-Sousa e a AEP relataron as súas experiencias no proxecto Volta de apoio ao emprego.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou hoxe de inaceptable que Galicia teña o peor presuposto do Estado desde hai 17 anos, cun investimento que baixa un 30% na comunidade, fronte a unha suba do 57% en Cataluña. E aseverou que son igualmente inaceptables as explicacións do Goberno central de que o déficit máis grande de infraestruturas está en Cataluña. Diante desta situación, avanzou que a Xunta instará a presentar nas Cortes as emendas aos PXE para poñer, como mínimo, o que estaba previsto nas anualidades de 2019, nos presupostos anteriores do ano 2018.
O Presidente da Deputación convoca ós Alcaldes da provincia o día 17 para entregarlles as bases do novo Servizo Provincial de Recadación.
Faise pública a oferta dos cinco postos de traballo cos que contará a primeira representación institucional da Administración autonómica no exterior. s interesados poden consultar as bases no taboleiro de anuncios da Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires ou na web www.galiciaaberta.com.
Os cidadáns poden realizar as súas reclamacións só cubrindo un formulario en liña disponible na páxina web da institución www.valedordopobo.com.
Participou na clausura do I Encontro de Poesía organizado polo Concello de Lugo e por RNE, e mantivo unha xuntanza privada co presidente do organismo provincial.
A institución pide a Educación que aclare en quince días se alumnos de Taboada teñen que caminar ata un quilómetro para coller o autobús, e a presunta suspensión do servicio en Vilaxuste, Portomarín.
O conselleiro de Presidencia dixo que isto permite ter o máximo nivel de efectivos e anunciou que en 2008 se reeditará o dispositivo.
O período de proba comeza o un de novembro en partidos xudiciais de 3 ou máis órganos. O seguimento realizarase a través de tarxetas magnéticas e lectores de proximidade.
A posta en valor dos dous anos de Goberno e as liñas estratéxicas das políticas para o vindeiro bienio, eixos da intervención do presidente da Xunta.
Crespo explicoulles que a Federación ten aberto un proceso de renovación que culminará coa VII Asemblea Xeral e que corresponde aos novos órganos directivos tomar as decisións respecto ás problemáticas que lle expuxeron.
O sindicato reitera as súas críticas a unha medida que cualifica de «abusiva e inxusta», xa que a carreira profesional do persoal funcionario non debe implicar «privilexios desproporcionados».