Actualidad de Política

Noticias politica

Alberto Núñez Feijóo, destacou os avances no Barrio da Residencia de Lugo coa demolición do antigo Hospital Xeral e coa licitación de Centro integral de saúde que este mérdores publicará o D.O.G. e que se situará no complexo do antigo Hospital Materno-Infantil, e indicou que o obxectivo é recuperar e humanizar un barrio histórico da cidade e convertelo nun referente de modernidade, innovación, accesibilidade e sustentabilidade,”nun barrio do século XXI”, dixo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse este mediodía co embaixador da República Popular da China en España, Lyu Fan, co obxectivo de seguir estreitando lazos de colaboración e avanzar na captación de novos investimentos para Galicia. Durante o encontro, no que estiveron tamén o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, Feijóo e Lyu Fan recordaron que, segundo os últimos datos de 2018, China consolídase como o principal destinatario asiático de produtos galegos, a onde xa exportan de forma regular máis de 140 empresas.
Presentouse no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia 'Nós no mundo. A lusofonía en Galicia' e mais o 'Informe anual do IGADI 2018-2019. En rumbo de colisión'. Cmpres así o IGADI o décimo aniversario desta publicación. 'Nós no mundo' é un informe de periodicidade anual impulsado polo IGADI e centrado na acción exterior galega. Na súa edición de 2019, cando se cumpre o décimo aniversario da publicación, pon o foco na relevancia da lusofonía na acción exterior de Galicia, no marco do quinto aniversario da Lei Paz Andrade e do primeiro ano de funcionamento da Estratexia Galega de Acción Exterior.
Galicia e Portugal celebrarán un cumio sobre competitividade da economía e a industria para abordar temas comúns e propoñer novas accións que reforcen as relacións económicas e que se centren nos sectores produtivos de máis importancia a ambos lados da fronteira. Así o acordaron hoxe nunha xuntanza o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, co ministro Adxunto e da Economía do país veciño, Pedro Siza Vieira. Tamén participou neste encontro a secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Mendes Godinho. Unha das principais cuestións abordadas durante o encontro foi avanzar na coordinación nas accións vinculadas co Camiño de Santiago de cara a celebración do Xacobeo de 2021.
Alfonso Rueda e Miguel Ángel Cadenas participaron hoxe na reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onde amosaron a súa sorpresa polo decisión ministerial de non crear estes dous Xulgados na nosa comunidade, e tal e como indicou Alfonso Rueda, cos datos xa definitivos do Consello Xeral do Poder Xudicial de 2018, que non estaban pechados na proposta inicial, queda de manifesto unha vez máis que a xurisdición do Social en Santiago, Lugo e Vigo son os que máis precisan un novo órgano e que polo tanto a súa creación debe ser completamente prioritaria.
Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, acolleu no V Encontro de Redes de Información europea en Galicia e Norte de Portugal, no que se deron cita representantes de trece centros pertencentes ás diversas redes de información creadas pola Comisión Europea para poñer ó servizo da cidadanía información sobre as oportunidades, dereitos e políticas da Unión. No espazo de intercambio de boas prácticas, Europe Direct A Coruña presentou o Mapa de financiación europea na Coruña, mentres que Europe Direct Tâmega-Sousa e a AEP relataron as súas experiencias no proxecto “Volta de apoio ao emprego”.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou hoxe de “inaceptable” que Galicia teña o peor presuposto do Estado desde hai 17 anos, cun investimento que baixa un 30% na comunidade, fronte a unha suba do 57% en Cataluña. E aseverou que son igualmente inaceptables as explicacións do Goberno central de que o déficit máis grande de infraestruturas está en Cataluña. Diante desta situación, avanzou que a Xunta instará a presentar nas Cortes as emendas aos PXE “para poñer, como mínimo, o que estaba previsto nas anualidades de 2019, nos presupostos anteriores do ano 2018”.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid na reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), que tivo como obxectivo principal abordar o deseño de medidas de continxencia ante o Brexit. Durante o encontro, presidido pola ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, apostou pola coordinación entre o Goberno central e as comunidades autónomas como elemento fundamental para facer fronte aos posibles efectos que poida ter a saída do Reino Unido da Unión Europea.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, cualificou o novo acordo de concertación social do Emprego Público de Galicia de “histórico”, precisando que non só restitúe dereitos, senón que crea outros novos como a funcionarización do persoal laboral ou a instauración da carreira profesional. “Non estamos a falar só de restituír dereitos que se perderon durante a crise, senón de que crear outros que non existían no momento de bonanza económica, como a posibilidade de funcionarizar aos laborais da comunidade e de establecer unha carreira profesional para todos os funcionarios, o que comporta o incremento de retribucións”, aseverou.
A derradeira leición do mestre converteuse neste 2018 nun exiliado máis que volve a súa casa. Volve tarde, pero por primeira vez desde que Castelao o pintara en Bos Aires logramos que por fin se poida ver en Galicia e o poidamos admirar os galegos. Debemos sentirnos orgullosos do que significa que este cadro, que moitos consideran o Guernica galego, estea aquí, entre nós. Con el, Alfonso Rodríguez Castelao quixo legarnos un testemuño e tamén unha advertencia: houbo un tempo terrible no que Galicia, como o resto de España, sufriu a traxedia da Guerra Civil e da posterior ditadura.
« Anterior | 31  de  158 | Siguiente »

Notas politica

O 22 de novembro celébrase unha asamblea para renovar os cargos.
Os funcionarios do Concello de A Coruña levan máis de 18 meses loitando pola Relación de Postos de Traballo, e concretamente, por unha avaliación do complemento específico que se axuste ás características dos seus postos, dos salarios, aos tempos actuais, tendo en conta que os cargos de confianza e de libre designación están sobre pagos, e son os nivéis máis baixos os que menos cobran.
Na visita de Senén Barro ao organismo provincial debatíronse a construción da nova Escola de Enxeñeiría e a elaboración do Plan Estratéxico.
O presidente do organismo provincial anunciou a aprobación de proxectos para obras viarias por máis de dous millóns de euros.
O conselleiro, Manuel Vázquez, e o rexedor ourensán, Francisco Rodríguez, acordaron iniciar os traballos para ampliar os abastecemento á cidade de Ourense para axustalo as súas necesidades presentes e, sobre todo, futuras.
Táboas salientou que o prezo do m2 construído en Galiza se incrementou nun 90% entre 1995 e 2005, pasando de 578 €/m2 a cerca de 1.100 €/m2.
A Xunta aprobou o traspaso deste centro educativo de Ferrol, pertencente ata o de agora ao Ministerio de Defensa, no que se imparte educación infantil, primaria e primeiro ciclo da ESO.
Ambos líderes políticos comezan as negociacións para desbloquear a transferencia dos hospitais de San Rafael e San Xosé á rede do Sergas.
Reúnese cun rexedor de cada cor política. A rolda de contactos inclúe 67 alcaldes e alcaldesas da provincia.
Gómez Besteiro asegurou aos veciños de Pedrafita e Folgoso do Courel a axilizar obras que comezaron hai catro anos e que obrigan a dar rodeos de ata 15 kilómetros.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES